Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1270 novas da área temática Educación:

29/05/20 | 18:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Educación convoca as probas de acceso ao curso 20-21 para as ensinanzas profesionais de música e danza para xuño e en modo non presencial con carácter xeral

Respecto ás probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores, á falta de pechar e publicar a vindeira semana a convocatoria, a Consellería traballa coa previsión de que se celebren o 13 de xullo, e unha vez rematadas as probas da Abau como é habitual todos os anos

29/05/20 | 11:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Asesoría Xurídica da Xunta confirma que a lexislación vixente impide acumular as prazas da OPE de 2020 coas de 2021

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional remitiulles ás organizacións sindicais o informe, tal e como acordaran na última reunión da Mesa Sectorial docente

28/05/20 | 16:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Educación e universidades acordan establecer un marco de colaboración para traballar no impulso das competencias dixitais

Apóstase por unir esforzos a prol da incorporación de novas metodoloxías de ensino no Sistema Universitario Galego, compatibles coas clases presenciais

28/05/20 | 12:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Educación adxudica por case 600.000 euros a obra de mellora do IES Lama das Quendas de Chantada

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a previsión é desenvolver os traballos en verán e que estean rematados para o inicio do curso escolar

28/05/20 | 10:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Educación licita por case 900.000 € a rehabilitación integral do CEIP Ramón de Artaza y Malvárez (Muros)

Ovidio Rodeiro explicou que o obxectivo é poder comezar as obras durante o verán e terá un prazo de execución de tres meses

27/05/20 | 19:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Ministerio de Universidades confirma que Galicia é a CCAA coas taxas de matrícula máis baixas do Estado, polo que xa cumple coas novas esixencias para o vindeiro curso

A conselleira Carmen Pomar participou na Conferencia Sectorial de Política Universitaria, onde expuxo que o Goberno galego xa leva unha década adiantándose á proposta de contención de taxas de matrícula universitaria que agora quere aplicar o Goberno do Estado

26/05/20 | 14:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abrirá o 1 de xuño a inscrición na OPE docente como opción máis segura para manter a actual convocatoria de prazas

Educación e organizacións sindicais coinciden en que a interpretación feita polo Ministerio non achega ningunha garantía xurídica para facer a acumulación de prazas das Ofertas Públicas de Emprego de 2020 e 2021

26/05/20 | 12:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Consellería de Educación adxudica por máis de 576.000€ a rehabilitación enerxética do CEIP Plurilingüe de Palmeira (Ribeira)

A previsión é executar as obras durante o verán e que estean listas para o inicio do curso escolar

25/05/20 | 17:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Educación adxudica por máis de 670.000 euros a rehabilitación integral do CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán en Xove

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, explica que a previsión é executar as obras durante o verán e que estean listas para o inicio do curso escolar

25/05/20 | 10:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca as axudas para que as Anpas de educación especial financien as súas actividades

O DOG publica hoxe a Orde na que se habilitan 73.927 euros para financiar actividades, gastos de material e mantemento de instalacións