Hemeroteca

Noticias publicadas antes de 2023

Tiene disponibles para la consulta 1326 noticias de la área temática Economía:

09/07/20 | 14:45 | C. de Economía e Industria

Conde destaca en Santiago o esforzo do comercio de proximidade galego por seguir prestando o mellor servizo

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou o establecemento La tienda de Julia, que vén de sumarse ao programa Comercio Seguro, impulsado pola Xunta

07/07/20 | 15:19 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa a autónomos e pemes das novas liñas de apoios para implantar medidas de protección e reactivar a economía

O director do Igape, Juan Cividanes, participou hoxe en Pontevedra nun encontro con profesionais e empresas, organizado por APE-Galicia, para escoitar as súas demandas e informarlles dos apoios aos que poden acceder

07/07/20 | 13:57 | C. de Economía e Industria

O cheque autónomo pode solicitarse desde hoxe, unha axuda de ata 1.800 euros para acompañar ao colectivo na recuperación económica

O director xeral de Promoción e Orientación Laboral, Pablo Casal, participou en Pontevedra na clausura do programa Son Executiva, no que participan 400 mulleres co obxectivo de impulsar os seus proxectos empresariais

07/07/20 | 12:55 | C. de Economía e Industria

A Xunta trasladará ao Congreso dos Deputados unha PNL con medidas para que pemes e autónomos poidan acceder a un custo eléctrico rebaixado

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro con representantes dos Clústers do Granito, do Téxtil da Moda e do Turismo e da Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime) para informar sobre as popostas da Xunta

06/07/20 | 12:14 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre mañá o prazo para solicitar o cheque autónomo que permitirá ao colectivo cubrir gastos do día a dia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta mañá nun webinario sobre as claves para a recuperación económica no contexto actual no que destacou a importancia de anticiparse aos retos e traballar en equipo

06/07/20 | 10:00 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria de axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino

O programa apoia a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresarias constituídas por mulleres e inclúe unha liña complementaria para apoiar a conciliación da vida laboral, persoal e familiar

03/07/20 | 12:58 | C. de Economía e Industria

O primeiro hackatón virtual de Galicia premia un supermercado 3D, unha app para feiras virtuais e un dispositivo para minimizar o contacto con superficies

O evento, organizado pola Xunta en colaboración con preto de 40 entidades, celebrouse entre os días 27 e 30 de xuño, co obxectivo de desenvolver solucións innovadoras para axudar á industria, o comercio e o emprego na nova realidade

02/07/20 | 15:34 | C. de Economía e Industria

A Xunta recibe máis de 1700 solicitudes nun día para acceder aos apoios á renovación de electrodomésticos

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro hoxe con representantes da Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos

02/07/20 | 15:21 | C. de Economía e Industria

Galicia activa novas liñas de financiamento que, cunha mobilización de preto de 180 millóns de euros, facilitarán a transformación do tecido empresarial

Poñerase en marcha un programa destinado ás pemes, especialmente naqueles sectores que precisen reinventarse como consecuencia da covid-19

01/07/20 | 13:25 | C. de Economía e Industria

A Xunta sinala que o centro de servizos avanzados da cidade das TIC será clave na transformación dixital das pemes galegas

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, informou sobre esta iniciativa impulsada polo Clúster TIC, unha infraestrutura aberta que permitirá a pemes e autónomos acceder a instalacións para desenvolver novos produtos