Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

05/11/21 | 13:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta garante que traballará para minimizar as afeccións na construción do "Novo CHUAC" e que os expropiados recibirán compensacións xustas

Os representantes do Goberno galego informaron de que o proxecto está na súa fase inicial e que durante o seu desenvolvemento nos vindeiros meses se concretará o ámbito preciso da implantación

05/11/21 | 13:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que na primavera os veciños de Dozón e da contorna disporán do novo acceso á autovía AG-53 en sentido Ourense grazas a un investimento da Xunta de máis de 1 M€

O novo ramal entre a autovía e a N-525 evitará que os veciños de Dozón teñan que ir ata Piñor para incorporarse á autovía cara a Ourense

05/11/21 | 11:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia a aprobación do proxecto de acondicionamento e mellora da seguridade viaria do antigo trazado da PO-400 en Arbo

Esta intervención suporá un investimento autonómico de preto de 1,3 millóns de euros e executarase en dúas fases: unha 1ª de acondicionamento do treito antigo da vía, e unha 2ª de mellora da intersección co actual trazado da estrada

04/11/21 | 13:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias coñece en Cabral as obras realizadas pola comunidade de augas de Carballal ao abeiro do Plan específico de acción comunitaria

A delegada territorial da Xunta en Vigo puido comprobar o estado dos traballos realizados por esta corporación, unha das 43 entidades beneficiarias destas axudas no conxunto da área viguesa con máis de 600.000 euros

03/11/21 | 17:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta anuncia a licitación das obras de ampliación do parque empresarial de Xinzo de Limia

O delegado territorial informou que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vai investir 3,8 millóns de euros nas obras de ampliación

03/11/21 | 14:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pide a colaboración dos concellos, das deputacións e das confederacións hidrográficas na elaboración do novo Plan de saneamento de Galicia

Comezan os traballos de actualización desta ferramenta imprescindible ante o cambio climático, tanto para mitigar os seus efectos como para anticiparse ás ameazas dun escenario de seca

03/11/21 | 14:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública o anteproxecto de ampliación da estación de tratamento de auga potable da marxe dereita da ría de Arousa, en Padrón

Trátase de actuar nas instalacións da rede de abastecemento en alta que subministran auga aos concellos de Boiro, Catoira, Dodro, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Pontecesures, Rianxo, Ribeira, Valga e Vilagarcía de Arousa

03/11/21 | 14:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de 7 empresas presentan as súas ofertas para dotar de abastecemento ao núcleo de San Cristovo, en Paderne de Allariz, cun investimento de 245.000 €

Esta actuación enmárcase no convenio de colaboración asinado entre Augas de Galicia e o Concello de Paderne de Allariz o pasado mes de xuño

03/11/21 | 13:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez anuncia o inicio da información pública da 2ª fase do acondicionamento da estrada AC-862, que completará un investimento de case 14 M€ no eixe Ferrol-Ortigueira

Vázquez Mourelle salienta que o obxectivo é licitar os novos traballos na AC-862 de xeito paralelo ao remate da obra en execución, na primavera de 2022

03/11/21 | 13:10

A Xunta realiza melloras nas infraestruturas pesqueiras da Illa de Arousa

Portos de Galicia vén de rematar as obras de instalación de novos elementos para o amarre en pantaláns e ramplas e reparou o pavimento da punta do peirao do Xufre