Hemeroteca
Noticias publicadas antes de 2023
A Xunta pon en valor o traballo de Gradiant para achegar ao tecido produtivo solucións tecnolóxicas innovadoras
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou en Vigo na apertura da 'Demoweek' que presentará ata o venres os desenvolvementos do centro tecnolóxico en ámbitos como a conectividade e 5G, a intelixencia artificial, a ciberseguridade, os drons e a industria intelixente
A porcentaxe de galegos con competencias dixitais básicas ou avanzadas crece máis dun 18% nun ano e supera o 61%
Galicia supera a media europea de competencias dixitais nas cinco dimensións que se miden e reduce a distancia coa media estatal en todas, no último ano
A Xunta mantén aberto ata o 31 de outubro o prazo dos préstamos IFI Innova para apoiar iniciativas empresariais innovadoras
Esta liña, a tipos de interese reducidos, está dirixida a pemes que precisen financiamento para desenvolver un proxecto de I+D+i
A Xunta apoia o programa de estímulo do talento matemático Estalmat Galicia 2022 da Universidade de Santiago de Compostela
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, e a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, participaron no acto inaugural desta iniciativa
A Xunta celebra mañá en Ferrol a noite das persoas investigadoras con actividades para todos os públicos
O CIS Tecnoloxía e Deseño participa con tres actividades: un taller de novos materiais, outro de realidade virtual e aumentada e unha xornada de portas abertas
A Xunta e a Confederación Empresarial de Ourense achegan ás empresas de Valdeorras as claves para competir e innovar no rural
O director do Igape, Fernando Guldrís, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participaron esta mañá no I Foro Think Tank de Valdeorras: As empresas do rural ante os novos retos
A Xunta destaca a aposta da ITV pola innovación e a sustentabilidade na súa rede de estacións que sumará dúas liñas fixas en Palas de Rei
A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, visitou esta mañá o concello, onde mantivo un encontro co alcalde para avaliar este proxecto que, proximamente, comezará a súa tramitación administrativa
A Xunta salienta que as demostracións de voo do proxecto europeo AMU-LED avalan o posicionamiento de Galicia na vangarda da mobilidade aérea intelixente
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou esta mañá na presentación destas probas que contribúen a evolucionar a regulación en materia de tráfico aéreo, cando conviven aeronaves convencionais e vehículos non tripulados,
O Centro Mixto de Investigación Magna-Ctag permitirá avanzar no desenvolvemento de armaduras de asento de nova xeración para a automoción
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou esta mañá no Porriño nun encontro de lanzamento deste centro mixto de investigación -un dos tres primeiros creados-, que mobilizará 3,9 millóns de euros ata 2025