Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Rosa Quintana enxalza o compromiso da autoridade portuaria da Coruña coa innovación e a seguridade laboral
A titular de Mar destacou a inversión de 2 millóns de euros realizada polo organismo portuario da cidade herculina no novo edificio de seguridade e servizos que inclúe unha sala de pantallas desde a que se comproba a actividade portuaria
A Xunta investirá preto de 270.000 euros no reforzo do dique flotante do porto marinense de Aguete
Esta actuación busca dar resposta ás necesidades dos usuarios deste peirao, que acolle máis de 200 embarcacións durante a época estival
Galicia investiu desde 2016 máis de 10 millóns de euros en 330 proxectos para equipar e modernizar os portos, lonxas e lugares de desembarque de produtos do mar
A Xunta vai publicar esta semana unha nova convocatoria de axudas para actuacións de mellora das instalacións e equipamentos portuarios destinadas a organizacións de produtores de pesca, cooperativas, asociacións profesionais de persoas mariscadoras a pé ou de redeiras e confrarías de pescadores
A Xunta constata a innovación da lonxa de Burela cun dos sistemas de poxa máis modernos e avanzados do mundo
O centro de venda burelense conta cun procedemento automatizado de adxudicación dos lotes no que un ordenador vai ‘cantando’ as cotizacións e os compradores mercan pulsando o botón dun mando que cada un deles ten preasignado
Galicia investirá máis de 2,5 millóns de euros en 55 proxectos para equipar e modernizar os portos, lonxas e lugares de desembarque de produtos do mar
A titular de Mar salienta que estas axudas contribúen a mellorar a eficiencia enerxética das instalacións dependentes das confrarías, as condicións de traballo dos pescadores e a calidade e control dos produtos desembarcados
A Xunta aproveita o Xacobeo para impulsar o sector náutico na comunidade e o Camiño de Santiago por mar
A titular de Mar subliña que a celebración do fito xacobeo tanto este ano como o próximo é unha oportunidade para os portos deportivos pois pode contribuír a que recuperen os niveis de actividade previos á alerta sanitaria polo coronavirus
A Xunta elaborará unha guía de boas prácticas para mellorar a integración paisaxística dos máis de 120 portos autonómicos
Os traballos para a redacción deste documento, recollido no Plan estratéxico da paisaxe galega 2021-2024, comezarán este mesmo ano cunha diagnose do estado actual das instalacións portuarias
Conde destaca que a bandeira de Galicia Calidade ondeando nos principais portos deportivos galegos reivindica o potencial de Galicia como destino turístico
Apunta que 14 náuticos galegos xa dispoñen desta acreditación, dos que once contan, ademais, coa bandeira azul
A Xunta rematará nas vindeiras semanas as obras de dragaxe do porto de Canido cun investimento de 144.000 euros
Portos de Galicia ten en licitación tamén a construción da nova lonxa do peirao vigués por importe de preto de 300.000 euros
A Xunta levantará total ou parcialmente a prohibición da pesca recreativa en 106 dos 122 peiraos autonómicos
Susana Lenguas explicou que Portos de Galicia promove un cambio normativo que permitirá practicar esta actividade libre ou condicionada por horas ou zonas no 85% das dársenas, primando a seguridade de usuarios e instalacións