Hemeroteca
Noticias publicadas antes de 2023
O Diario Oficial da UE publica o regulamento polo que se aproba a modificación do prego de condicións da IXP Pataca de Galicia
Os cambios principais consisten na ampliación da área de produción a toda a comunidade galega e na introdución de dúas novas variedades: a Agria e a Fina de Carballo
A Xunta e a distribución implementan a campaña #VoudeSúperFeirón nas redes sociais para fomentar o consumo de produtos agroalimentarios galegos a través de receitas
Con este novo impulso promocional -que se iniciará nas vindeiras semanas- trátase de animar a que cadaquén, desde a súa casa, elabore receitas con produto galego e que as presente nas súas redes sociais co cancelo #FeirónNaCasa, no marco da campaña #VoudeSúperFeirón
A Xunta doa ao Banco de Alimentos de Ourense máis de 45 toneladas de produtos do agro galego ao abeiro da rede Mercaproximidade
As cesións, que comezan hoxe, inclúen patacas, ovos, mel, queixos e numerosas pezas de carne de cabrito, cordeiro, porco celta e Ternera Gallega
Dende hoxe poden tramitarse de novo permisos para queimas en terreos forestais e comunicacións para as rexistradas en parcelas agrícolas
Levántase así a suspensión decretada o pasado 16 de marzo, por mor da emerxencia sanitaria a causa do coronavirus
A Xunta aboa estes días case 16 M€ a máis de 4.000 gandeiros e agricultores galegos polas axudas da PAC de 2019
Os pagamentos, que se comezaron a materializar este venres, correspóndense coas medidas de desenvolvemento rural
A Xunta facilita o movemento e a venda de vexetais sensibles ao Psílido Africano dos cítricos e concreta a zona demarcada por este insecto
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha resolución da Consellería do Medio Rural que determina a área afectada por esta doenza e permite o transporte e venda destes vexetais baixo determinadas condicións
A partires do vindeiro luns 11 de maio poderán tramitarse de novo as comunicacións e permisos de queimas nos terreos rústicos
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a correspondente resolución da Consellería do Medio Rural pola que se levanta a suspensión decretada desde o pasado 16 de marzo a causa da emerxencia sanitaria polo coronavirus
A Xunta doa hoxe ao Complexo Hospitalario de Ferrol queixos e carne de Ternera Gallega no marco da rede Mercaproximidade
Estes produtos agroalimentarios súmanse aos xa repartidos polo Goberno galego noutros hospitais da comunidade, así como en numerosos comedores e entidades de toda España
A Xunta e o sector reorientan a estratexia de dinamización do viño galego para impulsar a súa venda e exportación na emerxencia sanitaria
Así, procurarán facer fronte á situación creada pola suspensión da canle de comercialización da restauración e a hostalería e pola diminución das exportacións
A Xunta continúa hoxe coas doazóns ao abeiro de Mercaproximidade e entrega produtos do agro galego á asociación viguesa Vida Digna
O Goberno galego segue así comprando alimentos para distribuír non só en entidades e comedores sociais, senón tamén en hospitais da comunidade