Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 352 novas da área temática Dixital:

10/10/21 | 13:01 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Amtega pon en marcha novas iniciativas para fomentar o talento dixital e a formación dos novos perfís dixitais

Comeza unha nova edición do programa DigiTalent, que presentou esta semana o programa de actividades

05/10/21 | 17:47 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga por favorecer a dixitalización do comercio galego a través de medidas de apoio e formación

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou hoxe nunha xornada da Cámara da Coruña dedicada ao comercio minorista

04/10/21 | 17:49 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta e o Centro Cripotolóxico Nacional forman a empregados públicos das diferentes administracións en ciberseguridade

Hoxe comeza na Escola Galega de Administración Pública a primeira edición do Curso superior de Ciberseguridade con preto de 100 horas lectivas para profesionais do ámbito tecnolóxico da administración autonómica, deputacións e concellos

01/10/21 | 11:33

A Xunta lanza unha enquisa sobre o coñecemento e manexo das mulleres nas tecnoloxías da información para afondar na fenda dixital e achegar solucións

A iniciativa enmárcase no estudo que está elaborando a Consellería de Emprego e Igualdade sobre o papel das mulleres ante as TICs para mellorar a súa capacitación neste ámbito e incrementar as oportunidades laborais

30/09/21 | 10:54 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O Gaiástech acolle hoxe un encontro no que se presentará o selo de empresa éTICa, impulsado polo consello de colexios de enxeñaría informática

O doutor en informática, Darío Álvarez, explicará esta iniciativa nunha conferencia sobre Ética e Deontoloxía na Enxeñaría Informática

28/09/21 | 14:12 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta e a Universidade de Santiago colaboran para mellorar a eficacia da administración pública con tecnoloxías intelixentes

A Consellería de Facenda e Administración Pública, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) asinaron un convenio para avaliar e mellorar a eficiencia dos procedementos administrativos

28/09/21 | 11:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta concede 640.000 euros a 119 comerciantes e obradoiros artesanais de Lugo para dixitalizar e modernizar os seus negocios

A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación facilita a adaptación do comercio ás vendas electrónicas para incrementar a competitividade

27/09/21 | 13:31

Galicia avanza na adecuación da formación no eido das tecnoloxías marítimas ás necesidades da industria naval e das enerxías mariñas renovables

O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar organiza este mércores un seminario online no marco do proxecto europeo MATES, no que colaboran máis de 200 expertos europeos de diferentes ámbitos, para avaliar os resultados do labor realizado ata o momento para adaptar a capacitación dos profesionais do sector aos perfís demandados polas empresas

22/09/21 | 11:39

A Xunta informa aos concellos sobre o funcionamento da plataforma de acceso telemático aos documentos que requiren de visado do Colexio de Arquitectos

O servizo de interoperabilidade é o resultado do convenio asinado en 2020 entre a Xunta e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

21/09/21 | 18:46 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Axega e o CITIC unen forzas para colaborar na implantación das vantaxes das novas tecnoloxías no tratamento e xestión das emerxencias

O tratamento intelixente, nas emerxencias, dos sinais de voz e a análise das noticias falsas foron temáticas protagonistas na xuntanza