Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 195 novas da área temática Xustiza:

02/09/20 | 12:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Os xulgados galegos contan con todas as medidas de protección necesarias para garantir a completa seguridade en todos os xuízos previstos

Están instalados biombos de metacrilato nos locais onde é necesario, e foi repartido tamén diverso material de protección como máscaras e guantes ou de botes de xel hidroalcólico

30/08/20 | 13:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

As obras da Cidade da Xustiza avanzan coa escavación no aparcadoiro, os traballos no edificio anexo e as instalacións interiores

A escavación dun túnel no aparcadoiro durante este verán requiriu do uso dunha minipala, polas reducidas dimensións do espazo e supuxo picar máis de 800 metros cúbicos de material

28/08/20 | 12:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
25/08/20 | 08:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en marcha o protocolo anti covid nos xulgados de Pontevedra tras detectarse dous casos positivos

A Dirección Xeral de Xustiza deu traslado da situación á autoridade sanitaria para a posta en marcha dos PCRs necesarios e á empresa adxudicataria do servizos de limpeza para a desinfección das zonas de traballo e uso común

23/07/20 | 16:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta
21/07/20 | 14:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta ubicará no mesmo edificio os catro xulgados do Social de Lugo unha vez que o Ministerio de Xustiza autorizou a posta en marcha da cuarta sala para finais deste ano

O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, acompañado do Presidente da Audiencia Provincial de Lugo, do Fiscal Xefe provincial, da Xuíza Decana en funcións, da Secretaria Provincial Coordinadora, e do director xeral de Xustiza, visitou a Audiencia Provincial da capital lucense

03/07/20 | 13:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta compensa aos procuradores da quenda de oficio pola paralización da actividade debido á crise sanitaria da covid-19

A contía que xa recibiu o Consello Galego dos Procuradores enmárcase no convenio asinado co Goberno galego para contribuír ao funcionamento da Asistencia Xurídica Gratuíta por parte destes profesionais

11/06/20 | 14:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Asinada hoxe a acta de replanteo das actuacións de mellora de eficiencia enerxética na Audiencia Provincial de Pontevedra

Os traballos inclúen a reparación e substitución de fiestras de madeira e a colocación de lámpadas de tecnoloxía LED e luminarias

10/06/20 | 14:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Xunta e organizacións sindicais de xustiza asinan o acordo que establece o sistema de carreira profesional do persoal dos xulgados

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, indicou que con esta sinatura a Xunta cumpre co último dos compromisos acadados coa finalización da folga no ano 2018

09/06/20 | 14:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O vicepresidente reúnese co arquitecto da Cidade da Xustiza de Vigo para avaliar as consecuencias da crise sanitaria na obra

Mantense a previsión de ter rematados os principais traballos a finais de 2020, a pesar das dificultades engadidas causadas pola epidemia da covid-19