Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta colabora co concello de Brión na ampliación da sede do GES cunha achega de 50.000 euros
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou aos efectivos do GES de Brión, que atende as incidencias deste concello e dos de Negreira e Ames
O 061 de Galicia asistiu 45 persoas por 40 accidentes de circulación durante a fin de semana
Desde as 15,00 horas do venres, 1 de abril ata as 23,59 horas do domingo, 3 de abril, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 52 chamadas por accidentes de tráfico
A Xunta apoia a dotación de equipamento e o funcionamento da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carballo
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe aos voluntarios de Protección Civil deste concello, aos que a Xunta destinou nos últimos anos máis de 71.500 euros nos seus gastos de mantemento e na adquisición de material de emerxencias
A Xunta aposta polo reforzo da seguridade no Camiño de Santiago neste Xacobeo
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou esta mañá na inauguración das “Xornadas formativas por un Camiño Seguro”, onde destacou o traballo levado a cabo pola Policía Autonómica e os voluntarios de Protección Civil para garantir a seguridade dos peregrinos nas rutas xacobeas
A Xunta apoia a dotación de equipamento da agrupación de voluntarios de protección civil de Burela
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva visitou esta mañá aos efectivos da agrupación, aos que entregou unha tenda de campaña de emerxencias
O 061 de Galicia asistiu 54 persoas por 46 accidentes de circulación durante a fin de semana
Desde as 15,00 horas do venres, 25 de marzo ata as 23,59 horas do domingo, 27 de marzo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 58 chamadas por accidentes de tráfico
A Policía Autonómica en colaboración coa UIFO esclarece un incendio no concello coruñés de Mazaricos
No que vai de ano, a Policía Autonómica leva investigadas a 11 persoas como presuntas autoras de incendios forestais
A Xunta e o Goberno central avanzan na coordinación da axuda a Ucraína
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o de Inclusión Social, Arturo Parrado, participaron esta mañá na reunión do Comité Técnico para coordinar a xestión humanitaria fronte á crise de Ucraína presidida polo delegado do Goberno en Galicia, José Miñones
A Xunta reforza o equipamento de agrupacións de voluntarios de Protección Civil da área de Ferrol
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, entregaron cadansúa tenda de campaña de emerxencias ás agrupacións dos concellos de Cedeira e Valdoviño