Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 287 novas da área temática Exterior:

23/03/21 | 19:54

Galicia lamenta que o acordo provisional de cotas pesqueiras nas augas compartidas co Reino Unido non teña en conta os aspectos socioeconómicos

A proposta adoptada supón asignar ata o 31 de xullo a parte proporcional sobre o total anual das cotas recomendadas polos científicos do Consello Internacional para a Exploración do Mar á espera de que se acade un acordo co Goberno británico

23/03/21 | 18:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia demanda no Arco Atlántico modificar os criterios de reparto da reserva de aplicación ao brexit en materia de pesca

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, presidiu hoxe unha sesión das rexións atlánticas na que se debateu sobre o futuro fondo de compensación ante o Brexit

22/03/21 | 15:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia debate con outras rexións en Bruxelas como facer fronte ás ameazas transfronteirizas para a saúde

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou a Galicia na segunda reunión do ano da Comisión de Recursos Naturais do Comité Europeo das Rexións

18/03/21 | 15:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora con ACNUR para reducir a situación de vulnerabilidade da poboación refuxiada venezolana en Colombia agravada pola pandemia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asinou hoxe coa organización o convenio para poñer en marcha esta actuación que permitirá atender a 32 familias para garantir o seu acceso aos servizos de emerxencia e cubrir as súas necesidades básicas

16/03/21 | 13:13 | A Presidencia da Xunta

Feijóo avoga por unha descentralización controlada e unha cogobernanza dos fondos europeos Next Generation para axilizar a reactivación da economía

“Creo que as rexións debemos ter un peso determinante, porque xestionamos de forma directa nos territorios, porque coñecemos moi ben os nosos sectores económicos, e porque somos máis áxiles e eficaces que a estrutura burocrática do Goberno central”, asevera

12/03/21 | 14:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Fundación Galicia Europa clausura o curso de especialización en financiamento comunitario ao que asistiron representantes de medio centenar de entidades locais e deputacións

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, pechou a décimo primeira edición de “TecEuropa”, destinada ás entidades locais

10/03/21 | 12:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Aberto o prazo de inscrición do encontro da Fundación Galicia Europa sobre oportunidades laborais para a xuventude na UE

O encontro virtual “Diálogos con” terá lugar o día 23 e o 25 de marzo de 2021 e as persoas interesadas poderán escoller en cal das dúas xornadas desexan participar

04/03/21 | 12:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Máis de 90 participantes de entidades locais danse cita no curso de especialización en financiamento comunitario da Fundación Galicia Europa

A directora da oficina en Bruxelas da Fundación Galicia Europa, Ana Ramos , inaugurou a décimo primeira edición do programa “TecEuropa” destinado, nesta ocasión, ás entidades locais galegas

03/03/21 | 12:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o Norte de Portugal avalían a situación na fronteira e o impacto do seu peche na Eurorrexión

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou nunha reunión co presidente da CCDR-N, Antonio Cunha, e representantes das tres Agrupacións Europeas de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal