Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta comeza a tramitar co Goberno central a transferencia da xestión do dominio público marítimo-terrestre para ter unha competencia integral sobre o litoral galego
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda agradece ao Ministerio para a Transición Ecolóxica o seu compromiso de estudar esta petición, que apoian os tres grupos parlamentarios de Galicia e que outras comunidades xa ostentan
Arias di que o polígono de Muimenta (Cospeito) reforzará o seu papel estratéxico na Terra Chá coa ampliación que impulsa a Xunta
O delegado territorial de Lugo resaltou que a Administración galega vén de adxudicar as obras para urbanizar 25.100 metros cadrados do parque empresarial, ás que destina 1,3 millóns de euros
A Xunta financiará con 250.000 euros a revisión do Plan especial do casco histórico de Allariz para axilizar e promover a rehabilitación neste ámbito
Desde o ano 2019, a Consellería leva comprometidos xa máis de 800.000 euros para actualizar os plans aprobados antes da Lei de patrimonio cultural de Galicia
Ángeles Vázquez invita a SEA a aplicar os mesmos incentivos que a Xunta para facilitar o asentamento de empresas na comunidade
A conselleira salienta que toda a superficie empresarial promovida polo Goberno galego se pode adquirir cunha bonificación sobre o prezo de venta de ata un 50%
A Xunta colaborará cos concellos de Ames, As Pontes, Cee e Coirós nun proxecto pioneiro para mellorar e actualizar as súas bases cartográficas
A través da realización de voos especializados de aquí a finais de 2022 elaboraranse as bases topográficas destes catro municipios a tres escales diferentes
A Xunta licita os servizos técnicos das cinco reestruturacións parcelarias decretadas no que levanos de ano por importe de 1,4 M€
Estes traballos de colaboración son necesarios para poder comezar os traballos nas cinco parcelarias decretadas no que levamos de ano e seguir avanzando noutras tantas concentracións
Medio Ambiente adxudica por 315.000 € a mellora da contorna da igrexa de Torroso no Concello de Mos
O obxectivo desta actuación, cun período de execución de nove meses, é reforzar a accesibilidade e a funcionalidade de 2.750 m2 deste ámbito da parroquia de San Mamede