Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta moderniza a rede de abastecemento de auga de Pontecesoras con novas canalizacións desde os mananciais de Grobas
O delegado territorial, Luis López, e o alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal, supervisaron esta mañá unha actuación que supuxo un investimento de case 50.000€ por parte de Augas de Galicia
O servizo galego de emprego implanta o distrito único nas súas oficinas para que persoas usuarias e empresas empregadoras poidan facer os trámites en calquera delas
Galegas e galegos, aínda que teñan asinada unha oficina de referencia, poden facer os seus trámites de demanda de emprego en calquera dos 53 centros existentes
Un total de 360 escolares de primeiro curso da ESO participaron nas xornadas de divulgación da Xunta sobre o uso responsable da auga
Augas de Galicia desenvolveu nos dous últimos meses actividades de difusión do novo Plan de Seca da demarcación Galicia-costa en centros educativos das catro provincias
O conselleiro de Sanidade salienta a importancia de traballar na concienciación da mocidade sobre a doazón de medula ósea
Julio García Comesaña presidiu hoxe o acto de entrega dos premios do VII Concurso Universitario de Curtametraxes relacionado coa doazón e os transplantes de medula ósea
A Xunta de Galicia investirá 2,3 M€ en mellorar a accesibilidade de 69 paradas de autobús en estradas autonómicas da zona sur de Ferrol
Aneiros explica que o plan permitirá actuar nas paradas de oito estradas autonómicas dos municipios de Ares, Fene, Mugardos e Neda
A Xunta suspende a celebración do espectáculo de luz, son e danza de mañá 31 de decembro na Praza da Quintana por mor da meteoroloxía adversa
As previsións meteorolóxicas para hoxe e mañá que apuntan a refachos de vento forte e abundantes choivas constitúen o motivo da suspensión
A Xunta adxudica a contratación da redacción do proxecto básico e de execución e de dirección da obra de ampliación e reforma do centro de saúde de Meira por 127.000 €
A reforma proposta consiste, entre outras actuacións, nunha ampliación do centro nunha consulta de enfermería pediátrica, unha sala polivalente e unha de técnicas, e na ampliación dun box de críticos no PAC
Un total de 107 persoas desempregadas beneficiaranse das axudas da Xunta para cursar un master universitario
O importe vai dos os 591 e aos 835,80€, en función da titulación
A Xunta somete a información pública a mellora de 64 paradas de autobús en 10 concellos da contorna da Coruña e de Santiago
Trenor informou que esta intervención suporá un investimento autonómico de 2,4 millóns de euros
A exposición itinerante 'Xuventude Crea: máis dunha década' chega á Coruña para amosar as creacións da mocidade galega
O centro Mans da Fundación Paideia é a última sede desta mostra que percorreu gran parte da xeografía galega dando a coñecer os traballos premiados neste certame