Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A maior parte dos incendios urbanos xestionados polo 112 Galicia foron provocados por descoidos e a falta de mantemento dos aparatos
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, presentou hoxe, xunto co xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Marcos Araújo, o balance do CIAE 112 Galicia
A Xunta entrega 7 tendas de campaña de emerxencias a Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da provincia da Coruña
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, fixeron entrega deste material ás agrupacións dos concellos de Ames, Carballo, Carral, Cerceda, Lousame, A Pobra do Caramiñal e Padrón
O 061 de Galicia asistiu 53 persoas por 45 accidentes de circulación durante a fin de semana
Desde as 15,00 horas do venres, 18 de marzo, ata as 23,59 horas do domingo, 20 de marzo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 53 chamadas por accidentes de tráfico
A Xunta fai entrega de 19 vehículos pick-up a agrupacións de voluntarios de Protección Civil
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega esta mañá no Obradoiro dos novos vehículos
A Xunta e o Goberno central, en colaboración cos concellos, entidades sociais e ONGD, avanzan na coordinación da axuda a Ucraína
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, participou na primeira xuntanza do Comité Galego ante a crise de Ucraína xunto coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez; o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez; a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; ademais do delegado do Goberno en Galicia, José Miñones; o presidente da Fegamp, Alberto Varela, e membros de entidades sociais e de organizacións non gobernamentais
A Xunta destaca o apoio na prevención, autoprotección e dotación de material para mitigar riscos ante situacións de emerxencias
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou hoxe en Ourense na clausura do 15º Salón de Prevención e Seguridade Laboral de Galicia, que destacou como feira de referencia en materia de prevención de riscos laborais
A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da provincia da Coruña
Agárdase mar combinada do noroeste con ondas de ata 6 metros
A Xunta participa nun simulacro de accidente aéreo no aeroporto de Santiago
O obxectivo do exercicio foi analizar a coordinación dos distintos colectivos e a capacidade de resposta a unha emerxencia aeronáutica, ao mesmo tempo que se ensaia a activación do Platerga en nivel 2 e o plan de autoprotección do aeródromo
A Policía Autonómica esclarece un incendio no concello ourensán de Vilamarín
No transcurso da investigación tomouse declaración a unha muller que se atopaba a realizar unha queima sen as debidas medidas de seguridade
O 061 de Galicia asistiu 42 persoas por 32 accidentes de circulación durante a fin de semana
Desde as 15,00 horas do venres, 11 de marzo ata as 23,59 horas do domingo, 13 de marzo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 45 chamadas por accidentes de tráfico