Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta e a Fundación Catedral reanudan as obras de rehabilitación da catedral para estar a punto no Xacobeo 2021
Román Rodríguez avanzou que a día de hoxe todas as obras están en marcha e avanzando a un ritmo positivo e subliñou que se está facendo “un gran esforzo para minimizar o impacto” do COVID-19 no calendario final das obras
A Xunta e a Asociación Escena Galega acordan aprazar a celebración do oitavo mercado Galicia Escena PRO
A organización traballará na procura de datas alternativas, ao tempo que deseña un formato flexible para se adaptar á evolución da crise sanitaria nos próximos meses
A Cidade da Cultura pon en marcha 'Clic Xanela', un curso en liña con técnicas para mellorar as fotografías desde o móbil
Os participantes poderán compartir os seus resultados en rede e ter a posibilidade de ser titorizados nos seus avances dun xeito personalizado
Modifícanse as bases da sexta edición do premio literario Nortear para adaptarse ás limitacións impostas polo coronavirus
Os candidatos poden presentar as súas obras ata o próximo 30 de xuño
A Xunta distribúe polo Día do Libro 4000 obras entre pacientes, acompañantes e persoal dos 14 hospitais públicos
A partir de hoxe e durante os vindeiros días poranse en circulación estes volumes que buscan fornecer dunha opción de lecer para quen así o desexe e visibilizar o importante papel que o libro galego desempeña dentro da sociedade
A Xunta e a Fegamp colaborarán na reprogramación de eventos culturais adiados tras a crise do COVID-19
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, mantivo un encontro co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Alberto Varela
Os museos e arquivos da Xunta súmanse á celebración do Día do Libro facendo visible o seu patrimonio bibliográfico
Entre as actividades online programadas inclúense exposicións virtuais, certames de microrrelatos e a apertura de publicacións e dixitalización de fondos
As dotacións culturais da Xunta en Vigo conmemoran o Día do Libro con actividades a través da rede
A Consellería de Cultura e Turismo programa iniciativas arredor do 23 de abril que inclúen exposicións virtuais e ‘bookcrossing’
As dotacións culturais da Xunta en Lugo conmemoran o Día do Libro con actividades a través da rede
A Consellería de Cultura e Turismo programa iniciativas arredor do 23 de abril que inclúen concursos e roteiros online
A Xunta apoia o programa 'Residencias Paraíso' do colectivo RPM para impulsar seis novos proxectos de artes do movemento
Colabora economicamente coa súa cuarta edición, para a que foron seleccionadas as propostas de Ex Architectures, Cris Vilariño e Alberto Cortés, Javier Martín, Andrea Quintana, Laila Tafur, e Laura Villaverde, Raquel Espada e Megan Hanley