Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta achega ás pemes do sur da provincia de Ourense instrumentos de apoio para potenciar a súa competitividade e crecemento
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou hoxe en Allariz na segunda etapa da iniciativa Camiño de futuro na provincia de Ourense
Galicia disporá de 12,3 M€ máis para desenvolver o programa de I+D do Polo Aeroespacial de Galicia
Este investimento obtido pola Xunta a través do Plan Complementario de Biodiversidade súmase aos 40M€ de fondos propios xa comprometidos na Estratexia Aeroespacial 2021-2025
A Xunta explica en Mondoñedo os recursos que achega para impulsar a innovación e a expansión das empresas locais
O delegado territorial, Javier Arias, participou na última parada na provincia da iniciativa Camiño de futuro, que días atrás recalou en Baleira e Bóveda
A Xunta achega ás pemes do sur da provincia de Lugo instrumentos de apoio para potenciar a súa competitividade e crecemento
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, e o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, participaron hoxe en Bóveda na segunda etapa da iniciativa Camiño de futuro, que realizará un total de 14 encontros por toda a xeografía galega para difundir os instrumentos de apoio ás empresas, así como dar a coñecer casos de éxito empresariais
Patricia Argerey: “a clave está na igualdade e nos equipos equilibrados, porque a innovación require de todo o talento”
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá nunha mesa redonda sobre mulleres que lideran a empresa actual e futura organizada polo Círculo de Empresarios de Galicia e Empresarias Galicia, en colaboración coas asociacións Executivas de Galicia e Mulleres en igualdade, con motivo do Día Internacional da Muller
A Xunta e o CSIC avalían novas oportunidades no eido da investigación e a innovación para superar os retos actuais
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo unha reunión esta mañá en Madrid coa presidenta do CSIC, Rosa María Menéndez, para analizar as iniciativas nas que están a colaborar de xeito conxunto
A Xunta abre mañá o prazo de presentación de solicitudes da nova convocatoria de Unidades Mixtas de Investigación coa que agarda apoiar 10 proxectos
O Goberno galego reforza este instrumento e, como novidade, ofrece unha nova liña para impulsar centros mixtos de investigación entre empresas e organismos de coñecemento
A Xunta de Galicia reafirma o seu apoio ao sector biotecnolóxico e ao emprendemento innovador no encontro Internacional Biogalicia Summit
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, destacou na súa intervención no acto inaugural que son dous ámbitos prioritarios para as políticas de I+D+i da Administración autonómica
A Xunta e a Fundación Barrié reforzan a súa colaboración para impulsar a transferencia de coñecemento no sistema de I+D+i galego
A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), asinará un convenio con esta entidade por 1,22M€ para mellorar o achegamento ás empresas galegas dos resultados da investigación
A Xunta lanza unha nova convocatoria do Galicia Exporta Dixital con 4,4 M€ para impulsar a internacionalización de pemes e autónomos
O obxectivo é facilitar e promover as vendas no exterior do tecido produtivo galego a través de ferramentas dixitais innovadoras