Hemeroteca
Noticias publicadas antes de 2023
O Centro Dramático Galego e a Asociación de Actores e Actrices ofrecen unha lectura dramatizada do texto gañador da bolsa de dramaturxia e creación
Alba Loureiro, María Barcala e Nacho Castaño interpretarán Relato para un incendio, do dramaturgo Ernesto Is, mañá martes no Salón Teatro de Santiago ás 20,00 h.
Valentín García define a toponimia como 'unha das grandes riquezas' do idioma galego e pon en valor o traballo da Xunta pola súa recuperación
O secretario xeral de Política Lingüística participou na VI Xornada de Onomástica Galega celebrada no Museo de Pontevedra, que nesta edición está centrada no estudo dos nomes de lugares que atravesan o Camiño de Santiago
Valentín García loa o papel do certame Condado de Pallares na posta en valor do patrimonio e da cultura do rural de Galicia
O secretario xeral de Política Lingüística participou na presentación de ‘A Comarca de Chantada no século XVIII’, obra gañadora da XIII edición do certame, que ofrece conclusións relevantes sobre a situación socioeconómica do lugar 300 anos atrás
O libro ‘Mamasunción’ repasa o proceso creativo de Chano Piñeiro co apoio da Xunta de Galicia
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe na presentación da obra do director e guionista Pedro Sancho
O CGAC mostra o potencial do deseño español coa mostra 'Identidade e territorio'
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presenta a exposición, promovida pola Rede Española de Asociacións de Deseño e a Asociación Galega de Deseño
A Xunta colabora na tradución ao inglés dunha antoloxía poética de Luz Pozo Garza
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participa na presentación da obra ‘Unha Camelia / One Camellia Blossom’
Valentín García participa na xuntanza anual da Asociación Amigos da Terra de Montes
O secretario xeral de Política Lingüística participa nos actos que incluíron a presentación do libro Fidalguía e Heráldica da Terra de Montes, colaborado pola Xunta
O Centro Ramón Piñeiro homenaxea pola súa xubilación a Blanca Ana Roig Rechou, unha das súas fundadoras
O secretario xeral de Política Lingüística foi o encargado de entregarlle á protagonista o primeiro exemplar de Verbas amigas. Homenaxe a Blanca Ana Roig Rechou, un volume de homenaxe en agradecemento polas súas contribucións á cultura galega
O Pazo de San Roque acolle un encontro de expertos sobre literatura infantil e xuvenil co apoio da Xunta
O secretario xeral de Política Lingüística inaugurou hoxe esta xornada na que se reuniron as persoas compoñentes da Rede Temática de Investigación ‘Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano’
A Xunta destinou preto de 3M€ ás axudas á tradución de 1.200 proxectos editoriais desde a súa posta en marcha
O secretario xeral de Cultura fai balance do traballo realizado neste eido nos actos da celebración da efeméride que se celebra hoxe