Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O IGE confirma que en 2019 Galicia gañou 2.151 residentes e entraron a residir na Comunidade 17.809 persoas máis das que saíron, o mellor saldo migratorio positivo da serie histórica
O Instituto Galego de Estatística acaba de publicar a ‘Estatística de Migracións' definitiva do ano 2019 e tamén as ‘Cifras de Poboación', que indican que o saldo migratorio positivo foi un 32% superior ao do ano 2018
Rodríguez Miranda felicita aos responsables do proxecto 'Laboratorio de Radio' tras recibir o premio Cemex-TEC de Monterrey
A Secretaría Xeral da Emigración tivo así coñecemento da potencialidade das ondas para potenciar a comunicación cos galegos do exterior
Miranda destaca que máis de 1.000 galegos en Venezuela benefícianse da colaboración da Xunta na entrega de medicamentos
O secretario xeral da Emigración destaca que o próximo 2021 poderá aumentar o número de familias que opten a estes produtos ao aumentar a partida orzamentaria para este fin
Emigración destinará 5 millóns de euros para potenciar as accións encamiñadas ao retorno no seu orzamento de 2021
A Secretaría Xeral aposta polo reforzo social aos galegos do exterior ante os efectos que está a ter a pandemia, destinando ás axudas económicas directas a persoas 3,32 millóns de euros
O secretario xeral da Emigración analiza coa colectividade galega de EEUU e México a actual situación da covid-19 nestes países norteamericanos
Antonio Rodríguez Miranda destacou que durante o encontro tamén coñeceu como se está a vivir o proceso postelectoral nos Estados Unidos
Rodríguez Miranda visita a asociación de empresarios do Milladoiro que pon a disposición dos emprendedores galegos retornados tres locais listos para iniciar novos proxectos
O secretario xeral de Emigración coñeceu os espazos ofertados polos empresarios desta localidade
Miranda invita os galegos de Europa a ser protagonistas indiscutibles desta nova lexislatura autonómica
O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro telemático cos membros da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas que representan a España e o resto de Europa
Miranda retoma a actividade ao fronte da Secretaría Xeral da Emigración cunha reunión telemática cos representantes dos galegos do exterior en América
O titular do departamento autonómico, acompañado polo delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, repasou a situación dos principais países do Novo Continente con maior presenza galega, entre os que se atopan algúns dos máis afectados polo coronavirus
Os beneficiarios das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) que cursarán un mestrado na Universidade da Coruña protagonizan a última xornada informativa práctica online
A sesión está dirixida os 30 alumnos, do total de case 150 bolseiros galegos procedentes do exterior, que elixiron a UDC no programa da Secretaría xeral da Emigración