Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 834 novas da área temática Igualdad:

20/05/22 | 11:16

Un total de 3.765 contratos temporais de mulleres transformáronse a indefinidos no último ano en Galicia grazas as actuacións da inspección laboral

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, destacou hoxe en comisión parlamentaria as accións que está a facer a Xunta para impulsar a igualdade laboral

19/05/22 | 14:30 | La Presidencia de la Xunta

Rueda avanza o VIII Plan de igualdade de oportunidades, dotado con 935,5 M€, o maior orzamento da historia para loitar contra as discriminacións e previr a violencia de xénero

O Consello da Xunta deu hoxe o visto e prace ao documento estratéxico 2022-2027, que incrementa a súa dotación presupostaria nun 138,8 %

16/05/22 | 12:28

Xunta e Colexio de Psicoloxía seguirán a colaborar para prestar atención especializada e gratuíta a vítimas de violencia de xénero

O acordo permitirá un ano máis prestar apoio a mulleres, menores e os seus familiares para axudarlles no proceso de recuperación

11/05/22 | 12:59

A Xunta apoia con 66.000 euros o programa de conciliación dos campionatos de surf Cabreiroá Junior Pro Ferrol e Abanca Pantín Classic Galicia Pro

O Goberno galego, a través do Plan Corresponsables, financia o desenvolvemento da ludoteca e do servizo dedicado ao coidado dos menores de ata 16 anos que se instalarán nos dous eventos

10/05/22 | 14:01

A Xunta avoga en Baiona pola coeducación desde as primeiras etapas de ensinanza para acadar unha Galicia máis igualitaria, máis xusta e máis diversa

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe no CPI Cova Terreña na inauguración da exposición Elas escribiron a historia. As primeiras xornalistas, que desenvolve a Administración galega para dar a coñecer o labor de 12 mulleres galegas referentes de diversas xeracións

10/05/22 | 11:03 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

A Xunta formará a máis de 700 axentes da policía local, autonómica, nacional e da Garda Civil en materia de violencia de xénero

A Vicepresidencia Primeira e Consellería da Presidencia, Xustiza e Turismo vén de rubricar un acordo de colaboración coa Consellería de Emprego e Igualdade para cualificar estes corpos na intervención en casos de violencia de xénero e na prevención

10/05/22 | 10:50

A Xunta impulsa os gabinetes técnicos de sindicatos e organizacións empresariais para promover a igualdade laboral

As axudas, hoxe publicadas no DOG por valor de 400.000 euros, cubrirán os gastos de creación e/ou funcionamento ordinario destes órganos entre o 1 de novembro de 2021 e o 31 de outubro de 2022

10/05/22 | 09:57

A Xunta sensibiliza en Culleredo sobre a importancia da prevención de riscos laborais nos buques pesqueiros desde unha perspectiva de xénero

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou hoxe na presentación da campaña de información que están a desenvolver Xunta e Fundamar, dirixida ao alumnado de primeiro curso dos ciclos medio e superior das escolas marítimo pesqueiras de Galicia, entre as que se atopa a de Culleredo