Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co presidente da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao das Viñas
O delegado territorial confirmoulle que o Goberno galego está traballando na ampliación de máis de 420.000 metros cadrados e que conta cunha partida de 1M de euros nos orzamentos 2021 para executala
A Xunta aproba o proxecto para desenvolver as conexións e zonas comúns que vertebrarán o futuro Campus do Mar en Vigo
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución coa aprobación definitiva do chamado PS-1 nos terreos da antiga ETEA, unha superficie de 20.000 metros cadrados reservados para espazos libres, zonas verdes e o sistema viario
A Xunta decide someter a avaliación ambiental ordinaria a modificación do Plan parcial do polígono de Ribadavia
O informe da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático conclúe que cómpre avaliar con máis detalle os efectos que sobre o medio poderían derivarse do planeamento proposto
O Instituto de Estudos do Territorio inicia unha rolda de contactos cos concellos para informarlles da aplicación das Directrices da Paisaxe
Con esta nova normativa, que entrará en vigor o vindeiro 20 de febreiro, a Xunta quere afianzar a posición de Galicia en materia de paisaxe
A Xunta insta ao Estado a emitir en tres meses os seus informes sectoriais para avanzar na axilización da tramitación urbanística
Lembra que esta limitación nos prazos xa se implantou en Galicia a través da Lei do Solo de 2016, logrando desde entón acelerar de forma notable todos os trámites
Medio Ambiente sinala que a mellora da Praza da Constitución de Bande é unha actuación subvencionable do Programa de creación e mellora das infraestruturas
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda reuniuse coa alcaldesa de Bande, a que lle indicou que a orde sairá publicada no mes de marzo por un importe de 2,3 millóns de euros
Medio Ambiente presentará o Plan Básico Municipal do Páramo a todos os veciños do concello
A Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, xunto coa arquitecta municipal, celebrarán un total de 16 encontros para informar do contido e do alcance desta ferramenta urbanística aos veciños
A Xunta convocará en marzo axudas por 2,3 M€ para mellorar infraestruturas en concellos de menos de 20.000 habitantes
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, avanza que con esta nova convocatoria dáselle continuidade aos obxectivos do Plan Hurbe, que desde 2010 permitiu executar 317 actuacións urbanísticas a nivel local
Medio Ambiente traslada ao alcalde de Campo Lameiro que no primeiro trimestre do ano se convocarán as axudas para actuacións urbanísticas
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mantivo unha reunión por videoconferencia co rexedor local, ao que invitou a solicitar unha axuda ao abeiro deste programa, que está dotado con 2,3 millóns de euros, para a renovación do parque infantil da Lagoa
A Lei de Ordenación do Territorio permitirá desde o 15 de febreiro actualizar, simplificar e axiliza a planificación urbanística que evite desequilibrios e mellore a coordinación territorial
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe este novo texto da Comunidade galega, que completa o marco normativo urbanístico e paisaxístico e que substitúe a unha norma con 25 anos de vixencia por outra máis clara, útil e eficaz na súa aplicación