Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Amtega libera unha serie de compoñentes transversais para desenvolver aplicacións e servizos web
Publícanse como software libre para facilitar a súa reutilización por parte doutras administracións, entidades ou particulares, así como a colaboración para a súa mellora
A Xunta avanza no plan de mellora de cobertura móbil abrindo unha consulta a operadores
O obxectivo é coñecer se os seus plans contemplan despregamentos nas zonas que foron identificadas como espazos sen acceso á telefonía móbil
O Programa GIRL STEM entrevista a Dhaunae de Vir e Gisela Vaquero, mulleres referentes na industria dos videoxogos
A terceira conversa desta edición afonda no papel que ocupan as mulleres na industria transmedia e nas historias dos videoxogos, co obxectivo de construír unha unidade didáctica de especial incidencia entre o alumnado dos centros educativos
Nove de cada dez fogares galegos conta con servizo de Internet, un 4% máis que en 2019
Só no último ano máis de 34.400 fogares da Comunidade optaron por contratar este servizo
O programa Girl Stem entrevista a Rebeca Atencia, primatóloga na fundación Jane Goodall no Congo
Trátase da segunda entrevista do ciclo de conversas con referentes en ciencia e tecnoloxía, que xa están a disposición dos centros educativos acompañados de unidades didácticas
A Cidade da Cultura acollerá a presentación de proxectos tecnolóxicos e educativos de seis países na 'Maker Faire Galicia'
Do 18 ao 22 de novembro terá lugar a sexta edición, e primeira virtual, deste escaparate para a creatividade e o enxeño, que inclúe como novidade unha xornada exclusivamente centrada en innovación educativa
A Xunta apoia a 69 comercios lucenses para que avancen na innovación e a dixitalización con axudas por 434.000 euros
O delegado territorial, Javier Arias, sinala que este programa impulsa 75 accións de modernización, especialmente para incrementar a presenza online dos establecementos locais
Agasol e Amtega lanzan a terceira edición do ciclo de conversas con mulleres referentes no ámbito dixital para impulsar as vocacións STEM
Debido a situación provocada pola pandemia, nesta ocasión serán conversas gravadas que se porán a disposición dos centros educativos e do público en xeral
A Xunta apoia a máis de 500 comercios galegos para que avancen na innovación e a dixitalización con axudas por preto de 4 M€
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou esta semana os beneficiarios deste programa co que se mobilizarán máis de 6 M€ no comercio de proximidade e o sector artesán
A Xunta avanza na posta en marcha do sistema de cita previa a través de internet no rexistro civil de Ourense
A partir de mañá estará operativo en Ourense e xa funciona nos de Lugo, Pontevedra, Santiago e Ferrol