Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

29/04/20 | 13:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta constata que as obras do conxunto intermodal de Pontevedra avanzan con seguridade e ao ritmo necesario para manter o seu remate este ano

Ethel Vázquez subliña que o proxecto supón manter activo un investimento público de 6 millóns de euros, 4,6 achegados pola Xunta, que implica uns 100 empregos

28/04/20 | 13:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Consellería de Infraestruturas activa novos contratos de obra pública por importe de máis de 120 millóns de euros que crearán arredor de 1.000 postos de traballo

O departamento autonómico reiniciou nas últimas semanas máis de 70 obras cun investimento de 224 millóns de euros, que supoñen 2.000 empregos anuais

28/04/20 | 13:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a construción dunha senda peonil na estrada autonómica PO-402, ao seu paso polo núcleo de Leirado, no concello de Salvaterra de Miño

Esta intervención, cun orzamento de máide 48.000 euros, comezará nas vindeiras semanas e terá un prazo de execución duns tres meses

28/04/20 | 12:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por preto de 1 millón de euros as obras de mellora de firme en cinco estradas autonómicas das comarcas do Salnés, Pontevedra e Caldas de Reis

As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 25 de maio e o obxectivo e ter rematadas as obras neste mesmo ano

27/04/20 | 16:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reabre o prazo de presentación de ofertas para a execución da ampliación do abastecemento de auga de Mesía

Reactívase o procedemento de licitación deste contrato, cun investimento de máis de 576.000 euros, suspendido inicialmente coa declaración do estado de alarma

27/04/20 | 16:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora da estación de autobuses de Viveiro, ás que destina 221.000 euros

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que se está a instalar o peche perimetral que delimita os traballos e mañá colocaranse os andamios para empezar a traballar na cuberta

27/04/20 | 14:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de renovación e instalación de nova iluminación led na glorieta elevada de Mollabao, no inicio da variante de Marín

A intervención, cun orzamento de máis de 43.000 euros, comezará nas vindeiras semanas e terá un prazo de execución duns dous meses

27/04/20 | 13:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reactivou nas últimas semanas a construción de infraestruturas sanitarias que supoñen un investimento público de máis de 90 millóns de euros

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade destaca a autorización polo Consello da Xunta da semana pasada da licitación do inicio da construción do hospital público Gran Montecelo, en Pontevedra, con 115 millóns de euros

27/04/20 | 13:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
27/04/20 | 12:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 1 millón de euros as obras de mellora do firme en estradas da contorna dos polígonos de San Cibrao das Viñas e do Pereiro de Aguiar, en Ourense

As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 25 de maio e o obxectivo é ter rematadas as obras neste mesmo ano 2020