Hemeroteca
Noticias publicadas antes de 2023
A Xunta adxudica a redacción do estudo de viabilidade para a conexión directa do polígono de Veigadaña en Mos coa autovía Vigo-O Porriño
Este contrato dispón dun investimento de 18.000 euros e conta con 6 meses de prazo para analizar a posible execución dunha estrada de enlace coa autovía A-55
A Xunta adxudica a instalación de dous semáforos de control de velocidade na estrada AC-301 ao seu paso polo Concello de Rois, cun investimento de máis de 34.000 euros
A obra comezará nas vindeiras semanas e ten un prazo de execución de 1 mes
As obras de mellora de seguridade da estrada PO-549, en Cambados, farán necesario o corte dun carril a partir de mañá
Este peche de carril, que se levará a cabo entre os puntos quilométricos 7+500 e 9+300 da vía, manterase dende o luns ata o vindeiro día 18 de marzo
A Xunta adxudica a redacción do proxecto para mellorar o funcionamento do sistema de abastecemento do concello de Leiro
Este contrato, cun orzamento de case 12.000 euros, ten un prazo de execución duns tres meses
A Xunta adxudica a redacción do proxecto de mellora das redes de abastecemento e saneamento no núcleo do Navallo, no concello de Riós
O contrato, cun investimento autonómico duns 12.000 euros, ten un prazo de 4 meses para desenvolver os traballos
A Xunta acometerá obras de mellora na estación de autobuses de Lugo por un importe de case 28.000 euros
Acondicionarase unha zona da cuberta e renovarase parte da instalación de saneamento
A Xunta somete a información publica o proxecto de mellora da capacidade do enlace da autovía do Salnés coa estrada PO-504 en Sanxenxo
Trátase dunha actuación para o incremento da seguridade viaria no enlace da AG-41 e a vía de alta capacidade VG-4.1 coa PO-504, así como de mellorar a fluidez da circulación en momentos de moita afluencia de tráfico
A Xunta adxudica por máis de 185.000 euros a redacción do proxecto de acondicionamento da estrada Viveiro-Cabreiros para incrementar a seguridade viaria e a mobilidade nesta contorna
Este contrato conta con 12 meses de prazo para elaborar este proxecto de execución, sendo o orzamento estimado das obras de 2,6 millóns de euros
A Xunta inicia actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Balsa, no concello de Coristanco
Os traballos de mantemento están a levarse a cabo nun treito interurbano deste río, de algo máis de 1 quilómetro de lonxitude, ao seu paso pola parroquia de Oca
A Xunta adxudica a redacción do proxecto de mellora do antigo trazado da estrada PO-400 en Arbo co fin de incrementar a seguridade viaria
Este contrato, adxudicado por un importe de máis de 18.000 euros, conta con 6 meses de prazo para redactar o proxecto