Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 323 novas da área temática Formación:

08/06/20 | 10:41 | C. de Economía e Industria

A Xunta activa un paquete de formación dixital para mellorar os coñecementos e habilidades de 2000 persoas

A iniciativa, enmarcada no Plan de reactivación económica, inclúe un programa dirixido a autónomos, unha iniciativa para formadores e docentes, outra para a mellora da empregabilidade dos menores de 30 anos en situación de desemprego e un ciclo de obradoiros dixitais

04/06/20 | 10:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Comeza a formación dos 23 coordinadores de prevención designados na provincia de Ourense para a xornada electoral do 12 de xullo

A formación dos 133 coordinadores que traballarán nas catro provincias descentralizouse na cinco delegacións territoriais, e en Santiago de Compostela e Ferrol

20/05/20 | 17:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Educación aborda cos sindicatos o protocolo para a reanudación das clases presenciais, de xeito voluntario, para o alumnado de 2º de Bacharelato e de Formación Profesional

O documento amplía e reforza as medidas incluídas nas recomendacións dos ministerios de Educación e Sanidade, para garantir a seguridade de toda a comunidade educativa

30/04/20 | 09:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta oferta 530 prazas do plan de formación para as forzas de seguridade que se impartirá en liña debido ao COVID-19

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o plan de formación continua da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)

23/04/20 | 12:22

A Xunta abre unha liña específica para os guías turísticos a través do seu novo plan de teleformación gratuíta

As primeiras accións, para as que está aberto o prazo de inscrición, afondarán no uso das redes sociais na difusión cultural e nas técnicas para o relato divulgativo

09/04/20 | 11:22

A Xunta modifica as datas dos exames de carácter libre das titulacións de mariñeiro pescador, patrón local de pesca e patrón costeiro polivalente como consecuencia do coronavirus

As probas, que estaban previstas para este mes, celebraranse en xullo nos centros formativos dependentes da Consellería do Mar

03/04/20 | 17:01 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Galicia contará cun comité de expertos para avaliar o impacto económico da crise do COVID-19, asesorar á Xunta e deseñar medidas para a recuperación paulatina da economía

“Temos que deseñar medidas para a recuperación paulatina da nosa economía, xestionar a emerxencia sanitaria e ir pensando nas semanas posteriores ao levantamento do estado de alarma”, di o presidente do Goberno galego

01/04/20 | 15:38 | C. de Economía e Industria

A Xunta lamenta que o Goberno rompa o consenso coas comunidades autónomas e non transfira a Galicia os 100 M€ que lle corresponden para formación

Conde asegura que con esta decisión o Goberno deixa a un lado “o diálogo e a corresponsabilidade” coas autonomías en materia de políticas activas de emprego

25/03/20 | 14:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Consenso xeneralizado entre Ministerio e CCAA en manter o calendario escolar e aprazar a ABAU

Avaliarase o segundo trimestre co traballo feito e modificaranse os contidos e competencias do terceiro

25/02/20 | 11:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Consellería de Educación convoca as Olimpíadas de FP, Galiciaskills 2020

O campionato desenvolverase no mes de novembro en Silleda