Hemeroteca

Noticias publicadas antes de 2023

Tiene disponibles para la consulta 834 noticias de la área temática Igualdad:

08/03/22 | 11:39

Lorenzana anima á mocidade a ser “embaixadora” da igualdade, na entrega de premios do concurso de carteis convocado para conmemorar o 8-M

A conselleira de Emprego e Igualdade emprazou ás persoas novas a facer viral a loita pola igualdade os 365 días do ano

07/03/22 | 15:46 | Agencia para la Modernización Tecnológica de Galicia

Galicia está entre as tres comunidades españolas con maior porcentaxe de empresas con persoal de formación tecnolóxica que contratan mulleres

Un 43,06% das empresas galegas que empregan especialistas en tecnoloxía contratan a mulleres con esta formación

07/03/22 | 15:04

A Xunta seguirá a coordinar coas universidades accións para acabar coas desigualdades de xénero vencelladas cos estudos técnicos e coas vocacións

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe no acto convocado pola Universidade de Santiago polo Día internacional da muller

07/03/22 | 13:17

Luis López destaca o “forte compromiso” da Xunta co emprendemento feminino, xa que destinará 34 M€ ao plan ‘Emprega Muller’

O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, informou deste investimento, entre o que se inclúe a cifra máis alta da historia do programa Emega, nunha dobre visita á ilustradora Eva Pena e á técnica deportiva Rita Graciela Collazo, beneficiarias desta orde de axudas no ano 2021

07/03/22 | 13:00

A Xunta avoga por que a mocidade elixa seus proxectos vitais e profesionais sen condicionantes de xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe no V Congreso escolar polas igualdades que organiza o IES Maruxa Mallo de Ordes

07/03/22 | 12:39

Galicia xa conta con máis mulleres promotoras de novas cooperativas que homes e supera o seu obxectivo fixado na Estratexia Galega de Economía Social

En 2021 o 50,79% das cooperativas foron iniciativa de galegas, un 13% máis que dous anos atrás, en 2019

05/03/22 | 18:50

A Xunta pon en valor o talento feminino da comarca da Mariña e aposta polo medio rural para favorecer o emprendemento das mulleres como motor de cambio

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na presentación do documental Referentes femininos na Mariña lucense realizado pola Anpa do IES Alfoz-Valadouro, que contou co financiamento da Consellería de Emprego e Igualdade

05/03/22 | 13:41

Lorenzana defende que o entendemento no marco do diálogo social é clave para acadar unha igualdade laboral real e efectiva

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, interveu hoxe en Santiago no acto dos Premios 10 de marzo, uns galardóns cos que CCOO recoñece as traxectorias de persoas comprometidas coa defensa do interese xeral