Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Economía:

27/05/22 | 14:26 | C. de Economía e Industria

Galicia ofrece a súa colaboración aos centros tecnolóxicos para manter o actual nivel de transferencia de coñecemento ao mercado para captar máis fondos estatais e europeos

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou en Vigo na Asemblea da Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia

27/05/22 | 10:42 | C. de Facenda e Administración Pública

A economía galega medrou no primeiro trimestre do 2022 un 5,1%

A evolución respecto ao trimestre anterior presenta un crecemento do 0,7%

26/05/22 | 20:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta anima ao tecido empresarial e ao Goberno a colaborar para que os fondos europeos sexan unha oportunidade para a transformación de Galicia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou esta tarde en Nigrán no Foro AJE-Galicia

26/05/22 | 11:54 | C. de Economía e Industria

A Xunta achega aos comerciantes coruñeses os apoios para a dixitalización e a modernización dos seus negocios

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou esta mañá nunha xornada informativa na Coruña sobre a nova convocatoria de axudas por 6 millóns de euros, cuxo prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o próximo 23 de xuño

25/05/22 | 19:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta pide ao Goberno que traballe co sector empresarial e as comunidades autónomas para contar cunha xestión áxil e útil dos fondos europeos

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, respondeu esta tarde no Parlamento a dúas preguntas sobre a xestión dos fondos Next Generation e os apoios da Administración autonómica ao comercio

25/05/22 | 11:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa mañá xoves aos comerciantes coruñeses do novo programa de axudas por 6 M€ para a transformación dixital e a modernización do sector

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participará nun networking sobre esta convocatoria que se celebrará a partir das 10 horas no Work Café Santander

24/05/22 | 13:26 | C. de Economía e Industria

A Xunta activa o programa de axudas por 6 M€ para a transformación dixital e a modernización do sector comercial e artesán galego

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou esta mañá nun webinario organizado en colaboración coa Federación Galega de Comercio para informar da convocatoria, aberta desde hoxe ata o próximo 23 de xuño

23/05/22 | 14:13 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre a inscrición para os cursos de formación especializada que se impartirán no encontro Corazón da artesanía en Agolada

O mestre do coiro José Luis Bazán, Premio Nacional de Artesanía 2021; o obradoiro compostelán Noroeste Obradoiro, Premio Produto 2021; a cesteira Simone Simons, especializada no traballo co esparto; e os obradoiros Logaro e Zeltia ao aire impartirán os cursos para profesionais, estudantes e público interesado na artesanía

23/05/22 | 14:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e a CEL organizan en Ribadeo o próximo 1 de xuño unha xornada informativa sobre as axudas para o comercio

Enmárcanse nas actividades da oficina Conecta Lugo, instalada na localidade para asesorar a emprendedores e pemes da comarca da Mariña

22/05/22 | 14:32 | C. de Economía e Industria

A Xunta inicia un ciclo de encontros en liña con novos talentos do deseño referentes a nivel internacional

As Conversas en rede comezan o 31 de maio co obxectivo de explorar as novas tendencias do deseño aplicadas á innovación e á sustentabilidade