Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 834 novas da área temática Igualdad:

08/02/22 | 16:48

A Xunta imparte un novo taller gratuíto sobre igualdade laboral no campus de teleformación, para preto de 350 alumnos

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, abriu hoxe o terceiro obradoiro no campus virtual da Xunta

05/02/22 | 11:11

O pioneiro Programa de navegación terapéutica desenvolvido en Baiona para vítimas da violencia de xénero chegou en 2021 a 16 mulleres e 21 menores

A Xunta contribuíu a promover a iniciativa, en colaboración co Real Club de Yates da localidade, co obxectivo de que as mulleres e nenos e nenas ao seu cargo poidan gañar confianza e participar en actividades que reforzan a autoestima e a toma de decisións

04/02/22 | 14:40

A Xunta apoia ás asociacions Labreas e Punto Delas no seu labor para axudar ás mulleres rurais en situación de especial vulnerabilidade

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo hoxe reunións coas representantes destes colectivos que recibiron o pasado ano 40.000 euros cada un para o desenvolvemento de recursos integrais específicos dirixidos ás mulleres para promover a súa autonomía económica e afectiva

04/02/22 | 12:48

A Xunta convoca con 1,4 M€ as axudas para promover entre pemes e autónomos a igualdade laboral, a conciliación e a Responsabilidade Social Empresarial

O Goberno galego financia con estes apoios, que se poden solicitar ata o 4 de marzo, a elaboración e contratación de asesores para a implantación de plans de igualdade, o fomento do teletraballo e a aplicación de medidas para a flexibilidade horaria, así como a promoción da RSE

01/02/22 | 10:07 | C. de Política Social e Igualdad

Galicia asume a coordinación autonómica en materia de emprego e asuntos sociais na Unión Europea

A comunidade toma o testemuño a Castela A Mancha para actuar ante o Consello da UE durante este primeiro semestre de 2022, que coincide coa presidencia francesa

30/01/22 | 11:12

A Xunta investirá en 2023 máis de 1,2 M€ nas axudas para impulsar nas empresas de inserción a contratación de preto de 145 persoas en risco de exclusión social

A Administración galega aumentará nun 25% estes apoios dirixidos á contratación e a favorecer a creación de empresas de inserción

28/01/22 | 13:34

A Xunta creará en cada provincia un centro 24 horas de atención ás vítimas de agresión sexual

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe no pleno do Observatorio Galego da Violencia de Xénero, onde anunciou que a Xunta xa ten avanzados os traballos para a implantación destes puntos

28/01/22 | 13:14

A Xunta destina 13 M€ á contratación de mulleres, parados de longa duración, mozos e persoas con discapacidade para dinamizar o mercado laboral

A Consellería de Emprego e Igualdade convoca hoxe no Diario Oficial de Galicia o programa Galicia Emprega 2022 cun orzamento que aumenta nun 6,5% fronte a 2021