Hemeroteca
Noticias publicadas antes de 2023
A Xunta imparte un novo taller gratuíto no campus de teleformación sobre a igualdade laboral no eido da negociación colectiva para 400 participantes
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, abriu hoxe o segundo obradoiro no campus virtual da Xunta sobre igualdade laboral e lembrou que este ano ofertará 5.000 prazas gratuítas de formación
A Xunta participa en Pereiro de Aguiar na I mesa local de coordinación contra a violencia de xénero
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu hoxe á xuntanza da primeira mesa de coordinación contra a violencia de xénero do concello ourensá na que se debateron novas actuacións para previr e atallar esta lacra social
A Xunta ultima o deseño do VIII Plan estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2022-2027
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, presidiu hoxe a comisión interdepartamental da igualdade na que se informou sobre os avances deste documento
A Xunta pon a disposición dos galegos 100 M€ en axudas no primeiro mes do ano para impulsar o emprego e a igualdade e loitar contra a violencia de xénero
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, fixo hoxe un balance dos apoios mobilizados nas últimas semanas e avanzou as convocatorias que se activarán nos próximos días
A Xunta abre o prazo para que os centros escolares participen no concurso para o deseño do cartel do Día Internacional da Muller
Os traballos poderán presentarse ata o vindeiro 22 de febreiro
A Xunta financia 35 programas de entidades sociais para impulsar o liderado feminino e apoiar ás vítimas da violencia de xénero e a mulleres vulnerables
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a concesión das axudas con cargo ao 0,7% do IRPF para a realización de programas de interese xeral para fins sociais
Xunta e Universidade de Vigo inauguran o primeiro curso especializado en igualdade de mulleres e homes nas relacións laborais
A formación, a primeira deste tipo que ofrece unha comunidade, diríxese a estudantes ou persoas traballadoras das áreas de recursos humanos, relacións laborais, asesorías ou organizacións sindicais e empresariais
A Xunta e o Consello da Cultura Galega reforzan a súa colaboración en materia de igualdade
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, asinaron hoxe un acordo para a promoción da igualdade ao que se destinan 22.000 euros
A Xunta inviste máis de 1,4 M€ en 2022 para a contratación de mulleres vítimas de violencia de xénero nos concellos galegos
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria destas axudas que as entidades locais poden solicitar desde mañá e ao longo dun mes