Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Mar:

14/11/21 | 10:51

A Escola Náutico-Pesqueira de Ribeira avanza na sensibilización ambiental do alumnado cunha xornada sobre lixo mariño impartida pola patronal Cepesca

O taller, desenvolvido a comezos de mes no centro de formación dependente da Consellería do Mar, abordou as consecuencias sociais, ambientais e económicas da presenza de refugallos nos mares e a necesidade de que o conxunto da cidadanía colabore activamente na loita contra este problema

12/11/21 | 15:02

Galicia destaca a necesidade de ter en conta o labor sustentable da frota pesqueira galega para avanzar na competitividade do sector

O Executivo galego defende a importancia de ter en conta os aspectos socioeconómicos ademais dos medioambientais á hora de tomar decisións que afectan ao sector pesqueiro

10/11/21 | 15:57

Galicia defende unha transición enerxética sostible, equilibrada e xusta para avanzar nunha produción de alimentos pesqueiros neutra en carbono

A conselleira do Mar insistiu na importancia de aplicar de xeito global as accións que se establezan na adopción de novas tecnoloxías e combustibles que contribúan a avanzar na redución da pegada de carbono na pesca

09/11/21 | 15:04

A Xunta executa melloras na nave de redes e no acceso ás instalacións náuticas do Vicedo

O ente público inviste preto de 40.000 euros en sendas actuacións solicitadas polos operadores portuarios da zona

08/11/21 | 17:14

Galicia recompila argumentos socioeconómicos para defender melloras na proposta de cotas de pesca para 2022 en augas compartidas co Reino Unido

Rosa Quintana destacou a importancia de contar cun acordo de cotas pesqueiras entre a UE e Reino Unido que teña en conta os aspectos económicos e sociais ademais dos medioambientais, cuestións que obvian tanto o deste ano como as propostas que se están a facer para o ano que vén ao atender unicamente as recomendacións biolóxicas que non se axustan con exactitude á situación real dos caladoiros

08/11/21 | 16:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias constata o compromiso da Xunta de seguir avanzando “con paso firme” no desenvolvemento do futuro Campus do Mar de Vigo

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, informou hoxe á xunta directiva de Marinetea do estado dos proxectos sectoriais necesarios para o desenvolvemento deste espazo de alto valor cultural e paisaxístico na cidade

08/11/21 | 15:05 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a aposta do sector pesqueiro pola I+D+i para posicionar Galicia á vangarda mundial na acuicultura

Garante o apoio do Goberno galego ao sector pesqueiro, cuns orzamentos para 2022 da Consellería do Mar que soben a preto de 200 millóns, cun incremento do 50% nos últimos cinco anos

06/11/21 | 12:19

Mañá comeza a campaña extractiva da centola nas provincias da Coruña e Pontevedra

Na provincia de Lugo a centola permanecerá en veda ata o vindeiro 27 de novembro, día incluído

06/11/21 | 11:27

Galicia aborda con expertos europeos no contexto do cumio do clima COP 26 a redución das emisións na pesca

O evento será virtual, celebrarase o vindeiro mércores 10 de novembro a partir das 15,00 horas e para poder seguilo é preciso rexistrarse na web da EBCD