Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta destinou en tres anos máis dun millón de euros a combater a violencia de xénero fóra das fronteiras, no ámbito da cooperación internacional
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, destacou que no último ano se desenvolveron, no marco dos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero actuacións na República Democrática do Congo, Uganda e Palestina
A Xunta abre mañá o prazo de solicitude das axudas que cun orzamento de 1,4 M€ están dirixidas á atención de mulleres en situación de especial vulnerabilidade
Estes apoios, dirixidos a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, financian proxectos de atención personalizada e especializada para mulleres vítimas de violencia de xénero, de explotación sexual-laboral, inmigrantes, emigrantes retornadas ou refuxiadas e ex-reclusas, entre outras
Gabriel Alén salienta o labor do programa ‘Emega’ na creación do emprego feminino na provincia
O delegado territorial informou que na convocatoria do programa Emega para 2021, a Consellería de Emprego e Igualdade destinou á provincia de Ourense 447.000 euros que deron lugar a 32 iniciativas que empregaron a 72 mulleres
Oito centros de ensino de Galicia, recoñecidos polas súas boas prácticas en materia de inclusión educativa
A Xunta instaurou estes premios co obxectivo de impulsar, difundir e compartir accións de atención á diversidade nas aulas
A Xunta apoia cun máximo de 70.000 euros ás entidades que desenvolvan proxectos de atención integral dirixidos a vítimas de explotación sexual
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria para 2022 destas axudas destinadas ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que se poderán solicitar desde mañá e ao longo dun mes
A Xunta abre o curso 2022 no campus de teleformación en igualdade laboral cun primeiro taller gratuíto sobre a orixe das diferenzas de xénero
Máis de 300 persoas inscribíronse a esta actividade, a primeira dun catálogo de máis de vinte cursos cos que a Xunta ofertará este ano 5.000 prazas de teleformación
A Xunta oferta 40 prazas do primeiro curso especializado de 150 horas sobre igualdade entre homes e mulleres nas relacións laborais
A actividade desenvolverase a partires do 19 de xaneiro no Centro de Novas Tecnoloxías de Santiago de Compostela
A Xunta lanza unha guía innovadora con máis de 150 preguntas e respostas acerca da implantación de plans de igualdade laboral nas empresas
A Xunta quere axudar ao tecido empresarial galego na negociación e posta en marcha destas ferramentas para avanzar na igualdade laboral entre homes e mulleres
A Xunta destina máis de 6,5 millóns de euros a axudas económicas para que as vítimas da violencia de xénero gañen autonomía dos seus agresores
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria 2022 das prestacións periódicas, de pago único e de indemnización, para apoiar ás vítimas economicamente
O II programa Muller e Ciencia da Xunta propiciou a incorporación de 524 mulleres á investigación e o ascenso doutras 20 a postos directivos
O Goberno galego desenvolveu máis dun cento de actuacións de xeito transversal no período 2016-2020 que chegaron a máis de 10.000 persoas