Hemeroteca

Noticias publicadas antes de 2023

Tiene disponibles para la consulta 1142 noticias de la área temática Medio ambiente:

26/01/22 | 14:28

A Xunta destaca o papel das aulas da natureza, que recibiron case 13.000 visitantes no último ano, para “reconectar” ás persoas coa riqueza natural

Belén do Campo salienta que o Goberno galego coordina o espazo de Siradella, na provincia de Pontevedra, e os do Courel e do Veral, na de Lugo

25/01/22 | 13:19

A Xunta ofrece axudas de ata 20.000 euros para a adquisición dunha vivenda protexida

Ángeles Vázquez invita aos galegos a solicitar unha subvención ao abeiro deste programa, cuxo orzamento se multiplica por cinco na actual convocatoria para chegar ata os 2 millóns de euros

24/01/22 | 13:20

Sogama licita por máis de 2 M€ a obra de execución dunha planta de transferencia de residuos urbanos no concello de Arbo

Situarase no polígono industrial e estará equipada coas tecnoloxías máis innovadoras para operar coa máxima eficiencia, dispoñibilidade e respecto ambiental

23/01/22 | 12:53

A Xunta traslada ás catro Reservas de Biosfera galegas con xestión independente que poderán optar a 1,85 M€ dos fondos europeos a través dunha orde de axudas

En total, as sete reservas de biosfera declaradas en Galicia disporán de máis de 6,4 millóns de euros procedentes do plan de recuperación da UE para investir nestes espazos
 

21/01/22 | 11:16

A Xunta ofrece ás entidades de pesca axudas de preto de 12.000 euros para actividades divulgativas e de vixilancia fluvial

Ángeles Vázquez anuncia que o DOG publica hoxe a orde pola que se convocan estes incentivos, dotados con 80.000 euros e que se poden solicitar a partir de mañá

18/01/22 | 15:25

A Xunta adxudica por 238 M€ a xestión das plantas do complexo de Sogama que interveñen na valorización enerxética da fracción non reciclable

En base a este contrato, que se prevé asinar nas vindeiras semanas, a operadora encargarse da xestión a partir do próximo 1 de febreiro por un período de 10 anos

18/01/22 | 13:07

A Xunta concederá axudas de ata 3.000 € a particulares e de ata 40.000 € a concellos para mellorar a imaxe exterior de vivendas e equipamentos

Este xoves, 20 de xaneiro, abre o prazo para que os interesados poidan solicitar as subvencións, que contarán en 2022 cun orzamento global de 2 millóns de euros

15/01/22 | 13:05

A Xunta destinará 3 millóns de euros á retirada dos restos de lindano no lugar do Contrasto, no Porriño

Ángeles Vázquez e Alejandro Lorenzo coinciden na necesidade de que o Goberno central se implique tamén na solución do problema en Galicia, como fixo en Aragón

15/01/22 | 08:06

O ano 2021 foi seco e cálido en Galicia, que suma xa nove anualidades consecutivas con temperaturas medias máis altas do habitual

O avance do informe climatolóxico anual de MeteoGalicia conclúe que nas estacións galegas máis representativas rexistrouse unha anomalía positiva de 0,32 graos

13/01/22 | 17:26

Galicia, Castela e León, Cantabria e Asturias trasladan a Europa que a súa información demostra que o estado de conservación do lobo é favorable no seu territorio

“Tanto a avaliación da dinámica das poboacións, como a área de distribución e a calidade do hábitat para a especie resultan a todas luces favorables”, subliñan