Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1270 novas da área temática Economía:

05/02/22 | 13:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca 525 prazas de estadías lingüísticas no estranxeiro dirixidas a alumnado de Bacharelato

A Consellería de Educación sufraga entre o 87 e o 50% do custo destas estancias, que teñen como obxectivo que os estudantes galegos melloren as súas competencias idiomáticas nos idiomas inglés, francés e portugués

04/02/22 | 11:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a educación en igualdade de oportunidades como piar imprescindible para un rural no que vivir e crecer

Asegura que a Xunta seguirá apostando por un sistema educativo con máis plurilingüismo, con máis libros dixitais e “que ofreza máis servizos”, di, referíndose a aposta pola potenciación dos comedores escolares e do transporte escolar

04/02/22 | 11:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca o papel das bibliotecas escolares galegas, un referente estatal, na redución do abandono educativo á terceira parte

Pon en valor o salto cualitativo destes espazos na última década, converténdose en referentes en España en ámbitos como a atención á diversidade

03/02/22 | 15:30 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca un investimento de 4,4 millóns de euros para costear o mantemento e a gratuidade das escolas infantís municipais de Galicia

Precisa que, na actualidade, a Xunta está a axudar a 86 concellos a ofrecer a gratuidade nos seus centros

03/02/22 | 15:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta a consolidación da FP como unha ferramenta básica para reducir o abandono escolar tras aumentar o número de titulados un 76% desde o curso 2009-2010

En Galicia impártense uns 162 ciclos formativos e másteres de 23 familias profesionais, o que supón un incremento na oferta do 50% con respecto ao curso 2011-2012

03/02/22 | 15:20 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

A Xunta aproba os acordos coas universidades para a posta en marcha do Plan Galego de Financiamento Universitario, que este ano contará cun orzamento de máis de 469 M€

Feijóo asevera que se trata do plan máis ambicioso da historia, que mobilizará preto de 3.200 M€ nos vindeiros cinco anos, case un 30% máis

03/02/22 | 11:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez salienta a importancia da etapa universitaria desde a perspectiva de aprendizaxe social, impulso creativo e interacción multicultural

Reitera o compromiso da Xunta por un sistema universitario público de calidade, cunha aposta pola innovación e a transferencia de coñecemento

02/02/22 | 14:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia acapara o 17% dos premios nacionais de FP pese a contar só co 6% do alumnado

Román Rodríguez subliña que estes recoñecementos son un reflexo do talento e esforzo da mocidade así como da calidade do traballo que realizan os docentes e os equipos directivos dos centros

02/02/22 | 12:42 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García salienta a importancia de participar dos desexos dos máis pequenos para axudarlles a cumprilos e a converterse en adultos con valores

O concurso acolleu dúas categorías, unha para pequenos de escolas infantís e outra para nenas e nenos menores de 12 anos dun centro de protección

01/02/22 | 14:20 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e a Universidade de Vigo promoven no Gaiás a creación de videoxogos a partir de obras literarias

A Residencia COMTECART seleccionará 17 estudantes e titulados recentes para desenvolver os seus proxectos na Cidade da Cultura entre marzo e abril