Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1270 novas da área temática Educación:

24/01/22 | 12:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias supervisa as obras de acondicionamento do novo Centro de Formación e Recursos do Profesorado

A decisión do Concello de expulsar aos docentes do Instituto Municipal de Educación que ocupaban desde hai máis de 30 anos, obrigou á Xunta a buscar unha alternativa

22/01/22 | 12:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Seis centros escolares e outros tantos profesores álzanse cos premios Innovagal, de compromiso coa innovación educativa

Na modalidade de centros, os galardoados son os colexios Plurilingüe de Torre-Cela (Bueu), Plurilingüe do Camiño Inglés (Oroso)e Valle-Inclán de Vigo, e os institutos de Valadares (Vigo), Plurilingüe A Cachada (Boiro) e o Manuel Murguía (Arteixo)

21/01/22 | 13:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
21/01/22 | 11:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca os novos contratos de investigación científica na modalidade posdoutoral de continuidade

Poderán concederse ata 23 axudas, cunha dotación de 49.000€/ano por beneficiario durante dous anos

20/01/22 | 15:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e o Colexio de Educadores Sociais de Galicia apoia os mellores traballos fin de grao en galego coa publicación do volume '7º concurso TFG.eduso'

O libro, presentado esta mañá no Pazo de San Roque, recolle os mellores proxectos redactados en galego nas universidades públicas entre 2018 e 2020

20/01/22 | 15:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Galicia aproba a Oferta de Emprego Público docente para 2022, que se acumula á do 2021 ata sumar un total de 2.628 prazas

Feijóo salienta que as probas destas dúas ofertas, que se condensarán nunha única convocatoria, se realizarán a partir do 18 de xuño

20/01/22 | 09:53

A Xunta convoca os Premios á Cooperación e o certame Cooperativismo no Ensino para impulsar os valores desta fórmula económica en Galicia

O Goberno galego premiará con 5.000 euros á entidade que mellor represente os valores cooperativos, ao mellor proxecto novo e á traxectoria dunha cooperativa

19/01/22 | 14:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia e Euskadi intercambian experiencias de boas prácticas na formación profesional e estreitan a colaboración para impulsar o seu éxito

O representante da Xunta explica que o seu departamento está a ultimar unha nova Estratexia Galega de FP para avanzar no modelo de calidade destas ensinanzas

17/01/22 | 12:15

A Xunta e a Universidade da Coruña impulsarán accións formativas conxuntas en tecnoloxías emerxentes

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe na Coruña na sinatura dun protocolo xeral entre o seu departamento e a entidade académica que permitirá articular convenios de colaboración no eido da formación durante os próximos catro anos

16/01/22 | 08:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Oito centros de ensino de Galicia, recoñecidos polas súas boas prácticas en materia de inclusión educativa

A Xunta instaurou estes premios co obxectivo de impulsar, difundir e compartir accións de atención á diversidade nas aulas