Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

14/12/21 | 13:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta polo ecoturismo para reforzar Galicia como destino dun turismo tranquilo e sostible

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo participaron esta mañá nunha xornada sobre ecoturismo, onde lembraron que as Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo é o único destino galego que forma parte do Club Ecoturismo de España

14/12/21 | 11:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca que a chegada do AVE a Galicia axudará a atraer visitantes neste Xacobeo

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou na xornada “A chegada do AVE a Galicia”, organizada pola Asociación de Empresarios Galegos de Madrid

13/12/21 | 16:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Un total de 11 establementos turísticos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte beneficiáronse das axudas da Xunta para a renovación e modernización das súas instalacións

O delegado da Xunta visitou o Balneario de Carballo un dos beneficiarios destas axudas que recibiu un apoio de máis de 26.000 euros

12/12/21 | 13:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Bono Turístico permitiu inxectar este outono case 3,4M€ no sector turístico

Os beneficiarios da Tarxeta Bono Turístico #QuedamosenGalicia poderán consumir ata o 31 de decembro o saldo pendente das súas tarxetas

11/12/21 | 12:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta recoñece os catro proxectos máis destacados da primeira edición da súa aceleradora de turismo

Suites Nature, Ruta Nacional VI, LuXperience e Capptus son as startups máis valoradas das 10 que pasaron pola Aceleradora e que hoxe rematan o seu camiño preparadas para saír ao mercado

11/12/21 | 11:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destaca a suma de esforzos para que a Ribeira Sacra sexa Patrimonio Mundial

A quinta edición desta cita afonda nos retos e oportunidades da zona e na estratexia na que traballa o Goberno galego para acadar o máximo recoñecemento da Unesco

10/12/21 | 13:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta sinala o potencial dos cruceiros costeiros para posicionar Galicia como destino náutico

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe con representantes da Asociación Galega de Actividades Náuticas (AGAN+) na presentación online dos novos minicruceiros costeiros previstos para 2022 na ría de Ares-Betanzos e nos embalses de Castrelo de Miño e Frieira

10/12/21 | 11:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Bono Turístico inxectou máis de 583.500 euros nesta ponte festiva con máis de 3.000 operacións

As cifras amosan que é posible desfrutar do turismo con sentidiño e cumprindo tódalas medidas de prevención ante a covid

09/12/21 | 16:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o crecemento turístico do xeodestino Deza-Tabeirós coa implantación de sellos de calidade e accións de promoción exterior

O delegado territorial, Luis López, informa do convenio entre Turismo de Galicia e o GDR Terras de Pontevedra Norte xunto ao seu presidente e alcalde de Lalín, José Crespo, nunha visita á Casa con Encanto O Refuxio de Merza

09/12/21 | 14:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia rexistrou durante esta ponte unha ocupación media de ata un 80% en hoteis, spas e turismo rural

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, destacou a ocupación por riba do 90% nos hoteis de 4 estrelas ou superiores, así como nos que ofertan spa ou similares, ademais do turismo rural, no que algúns establecementos da provincia de Ourense acadaron o 100%