Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1270 novas da área temática Educación:

15/01/22 | 12:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade

A Xunta comeza desde o luns o reparto de 55.000 test de saliva nos centros escolares

Esta iniciativa do Goberno galego engádese ao test gratuíto que xa se puxo ao dispor de todos os nenos de 5 a 11 anos nas farmacias antes das vacacións de Nadal, e ao segundo test que se ofreceu á volta das vacacións

14/01/22 | 14:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta acomete a modernización do IES Torrente Ballester cun investimento de máis de 250.000€ para renovar a carpintaría exterior e a fontanaría

O delegado territorial, Luis López, supervisa a mellora deste instituto, a primeira do presente exercicio en Pontevedra e que se enmarca nun plan que beneficiará a unha decena de centros educativos da cidade no presente ano

14/01/22 | 12:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convocará 2.628 prazas en 61 especialidades nas oposicións de educación de 2022

Máis do 87% das prazas son de novo ingreso, 950 delas para mestres, 1.171 para ensino secundario, 45 para docentes de escolas oficiais de idiomas e 8 para os de artes plásticas e deseño

14/01/22 | 11:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
14/01/22 | 11:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e o Parlamento de Galicia recuperan o programa 'Coñece as túas institucións' para impulsar a cultura democrática entre o alumnado

A actividade artellarase a través de visitas didácticas de escolares de 5º e 6º de Primaria e de Secundaria ás sedes de ambas institucións

12/01/22 | 14:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un total de 142 universitarios poderán beneficiarse das bolsas convocadas pola Xunta para a mellora das competencias en linguas estranxeiras no verán

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade recupera esta liña de axudas tras o parón obrigado ocasionado pola pandemia

12/01/22 | 13:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia lidera o II encontro do grupo de traballo de investigación, educación, universidades e innovación da Macrorrexión do Suroeste Europeo-Crusoe

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, inaugurou hoxe o II encontro do grupo de traballo da Macrorrexión do Suroeste Europeo (RESOE) e a Conferencia de Reitores das Universidades e Institutos Politécnicos do Suroeste Europeo (CRUSOE)

11/01/22 | 13:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta blinda as oposicións docentes con 2.628 prazas en 2022 nunha convocatoria na que rexerá o mesmo procedemento vixente ata o momento

Tendo en conta que o Goberno Central non publicou o Real Decreto cos cambios, mantense o sistema para dar certezas aos opositores

10/01/22 | 14:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor informou que na comarca de Bergantiños-Costa da Morte se están impartindo 42 cursos AFD para formar a 630 alumnos cun investimento de máis de 1,7M€

O delegado da Xunta visitou aos alumnos que se están formando en Cogami que este ano contou coa adxudicación dun curso cun investimento de máis de 35.400€

10/01/22 | 14:20 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia un investimento de 2M€ para a ampliación dos talleres de FP do instituto Antón Losada Diéguez da Estrada

A actuación permitirá que o alumnado dos ciclos de Madeira, Moble e Cortiza poida desenvolver a súa formación completa nas instalacións do centro educativo