Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Economía:

27/02/22 | 12:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta declara iniciativa empresarial prioritaria a planta de biogás que Agroamb proxecta no concello de Castro de Rei

Trátase dunha proposta de economía circular que reduciría a extracción de materias primas aproveitando residuos orgánicos para a obtención de biocombustibles

26/02/22 | 12:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta e o Concello da Veiga analizan novas liñas de actuación para facilitar a implantación de iniciativas empresariais na localidade

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta semana un encontro co rexedor do municipio ourensán, Juan Anta, no que tamén se abordaron proxectos relacionados coas renovables e a eficiencia enerxética

26/02/22 | 12:00 | C. de Economía e Industria

Nove empresas líderes compiten para ser as novos socios estratéxicos da Xunta no Polo Aeroespacial de Galicia ata o 2025

Trátase de Airbus, Babcock, Boeing, Indra, Telefónica, Aertec-Tecnobit, Telespazio, CT Ingenieros e Sistemas y Montajes Industriales

25/02/22 | 10:38 | C. de Hacienda y Administración Pública

A economía galega medrou no ano 2021 un 5,2%, dúas décimas por riba de España

Os datos de 2021 confirman que, ao igual que no 2020, o PIB galego tivo un mellor comportamento que o español

25/02/22 | 10:26 | C. de Economía e Industria

A Xunta lanza unha nova convocatoria do Galicia Exporta Dixital con 4,4 M€ para impulsar a internacionalización de pemes e autónomos

O obxectivo é facilitar e promover as vendas no exterior do tecido produtivo galego a través de ferramentas dixitais innovadoras

24/02/22 | 10:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga por promover un emprendemento de calidade que mesture talento e innovación

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe na apertura do Spin Up Invest, segundo foro de investimento no marco do proxecto de cooperación transfronteiriza Spin Up

23/02/22 | 14:10 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia á peme Galopin Playgrounds con 44.000€ para incorporar o deseño aos seus procesos produtivos

O delegado da Xunta visitou a instalacións desta empresa do sector do deseño e fabricación de elementos de xogos, actividade física e mobiliario para uso en espazos públicos beneficiada pola orde de axudas DeseñaPeme

Esta convocatoria, que mobiliza ao redor de 3M€ en toda Galicia, permite mellorar a capacidade de innovación e sustentabilidade das pemes e microempresas

21/02/22 | 13:19 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que o éxito dos tres novos coworkings en Ourense está garantido con preto de 60 proxectos xa inscritos

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, presentou os novos espazos de emprendemento que se van desenvolver na comarca de Valdeorras (A Rúa); a Mancomunidade do Carballiño (con sede no Irixo) e Tecnópole (en San Cibrao das Viñas), que seguen abertos á presentación de solicitudes

18/02/22 | 13:35 | C. de Economía e Industria

As catro provincias galegas incrementan as súas vendas ao exterior en 2021 contribuíndo ao récord histórico de Galicia

O director do Igape, Fernando Guldrís, informou dos resultados das vendas ao exterior no último exercicio, que superaron os 25.000M€, consolidando a Comunidade entre as rexións máis exportadoras cun 8% do total do Estado