Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 834 novas da área temática Igualdade:

23/09/21 | 12:19

A Xunta salienta o reforzo dos recursos autonómicos contra a violencia de xénero e incide en que todos os servizos de atención e prevención están operativos

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, sinalou hoxe en comisión parlamentaria que as mulleres vítimas de violencia machista e os seus fillos teñen a súa disposición todos os recursos pese ás restricións xeradas pola covid-19

23/09/21 | 12:15

A Xunta abre unha nova liña de axudas con 3 millóns de euros para compensar a perda de poder adquisitivo das persoas traballadoras afectadas por ERTE da covid-19

O Goberno galego entregará 500 euros por persoa beneficiaria que teña permanecido un mínimo de doce meses en ERTE a causa da covid-19, inda que fose interrompido, e con rendementos declarados no IRPF do ano 20 que non excedan de 14.000 euros

23/09/21 | 12:04

A Xunta promove a prevención do acoso laboral e forma a 100 profesionais na resolución de conflitos no traballo

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) promove un seminario web para formar na resolución de conflitos e a prevención do acoso no traballo

22/09/21 | 13:27

A Xunta avoga pola inclusión do teletraballo nos plans de igualdade das empresas para a mellora da conciliación e da corresponsabilidade

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou hoxe na xornada Teletraballo; unha nova realidade, organizada pola Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) na cidade lucense

20/09/21 | 12:47

Santiago será sede en novembro do III congreso estatal de Mulleres no Sector Público para avaliar novos modelos a favor da igualdade na Administración

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana Somoza, e a presidenta da Asociación de Mulleres no Sector Público, Concepción Campos, asinaron hoxe un convenio para desenvolver accións de concienciación a favor dun cambio de valores e de prevención da violencia de xénero na administración pública

17/09/21 | 11:02 | A Presidencia da Xunta

Feijóo expón o papel fundamental do emprendemento feminino para afrontar a era post-pandemia

Subliña que Galicia é a comunidade con maior presenza de mulleres no emprego autónomo e con máis mulleres empregadoras no total de mulleres ocupadas

16/09/21 | 21:03

Lorenzana ve na celebración das Medallas Pardo Bazán en Meirás un gran paso para recuperar o significado das torres e asocialo coa palabra que inspira a vida da escritora: liberdade

A Conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana Somoza, entregou estes galardóns, cos que se recoñece o labor a prol da igualdade para construír unha sociedade máis igualitaria baseada nos principios de igualdade, xustiza e solidariedade

14/09/21 | 10:45

A Xunta destina 450.000 euros a programas de apoio, recuperación e integración sociolaboral de vítimas de trata desenvolvidos por nove entidades sociais

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución das axudas ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para desenvolver intervencións integrais coas mulleres e nenas vítimas de trata e explotación sexual

11/09/21 | 11:47

A Xunta lanza a campaña "Haters da Violencia de Xénero" para combater e crear comunidade contra esta lacra

A nova campaña de loita contra a violencia de xénero e as súas manifestacións estará presente en prensa, radio, televisión e nas redes sociais

06/09/21 | 11:57

A Xunta convoca o programa ‘Responsabilízate’ para asesorar a unhas 160 pemes na implantación de medidas de igualdade e responsabilidade social

O Diario Oficial de Galicia recolle as bases da terceira edición deste programa que garante asesoramento gratuíto a pequenas e medianas empresas e persoas autónomas para a implantación de plans de Responsabilidade Social Empresarial (RSE)