Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 539 novas da área temática Industria:

04/06/20 | 12:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta defende que hai alternativas para Alcoa San Cibrao se o Goberno fixa un prezo eléctrico competitivo e un plan de investimentos específico para o sector electrointensivo

Conde avoga por que se destine parte dos fondos de reactivación previstos pola Unión Europea a un plan de investimentos que permita impulsar o conxunto de empresas electrointensivas e salvagardar os postos de traballo

03/06/20 | 10:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta achega formación en comercio electrónico a 1200 autónomos para reforzar a competitividade dos seus negocios

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro por videoconferencia con participantes na iniciativa Autónomos Dixitais, na que 420 persoas comezaron xa a formarse neste eido

30/05/20 | 11:48
30/05/20 | 11:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa con 2M€ a innovación na segunda transformación da madeira e o sector contract

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), vén de publicar no DOG a convocatoria, á que se poderán presentar pemes e micropemes ata o 29 de xuño

28/05/20 | 15:53 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña que a decisión de Alcoa San Cibrao é consecuencia da inacción do Goberno e da súa falta de compromiso coa industria

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asegura que o Executivo galego fará “unha fronte común cos traballadores” porque, segundo di, “a aposta ten que ser o emprego, ten que ser a industria, e o Goberno ten a última oportunidade de rectificar e non deixar á súa sorte a 500 familias”

27/05/20 | 14:43 | La Presidencia de la Xunta

A Xunta e PSA seguen a traballar para facer da planta viguesa a máis competitiva do grupo tras a covid-19

A aposta de xeito constante pola innovación e as medidas de prevención e seguridade adoptadas son clave para seguir reforzando a competitividade da factoría e do conxunto da industria da automoción galega

27/05/20 | 13:25 | C. de Economía e Industria

A Xunta traballa coas empresas galegas na súa expansión en oito mercados internacionais a través de encontros en liña

Hoxe celebrouse a primeira das videoconferencias dun ciclo que afonda nas oportunidades para as exportacións galegas en China, México, Estados Unidos, Marrocos, Perú, Reino Unido, Israel e India

26/05/20 | 17:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta agradece ao sector bio o seu compromiso con Galicia, achegando respostas aos novos retos actuais e mirando ao futuro a través da nova estratexia 2021-2025

Conde apuntou que a Estratexia de Consolidación da Biotecnoloxía 2021-2025 dará continuidade á que se aprobou en 2016 para impulsar esta industria esencial para a Comunidade

26/05/20 | 14:56 | C. de Economía e Industria

Aberta a primeira convocatoria para consolidar proxectos a través da aceleradora do sector alimentario

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou esta mañá na presentación desta nova edición da Business Factory Food (BFFood)

26/05/20 | 13:38 | C. de Economía e Industria

A Xunta coincide cos traballadores de Alu Ibérica en que a solución pasa por que o Goberno asegure un prezo eléctrico competitivo e a empresa presente un plan industrial solvente

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reuniuse esta mañá cos representantes do comité de empresa de Alu Ibérica, aos que volveu trasladar o apoio da Xunta