Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 834 novas da área temática Igualdade:

04/08/21 | 17:37 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta analiza co Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia o avance de reforma da Lei de Inclusión Social

No encontro abordáronse diversas cuestións relacionadas coa política de inclusión e a importancia da educación social na mesma

04/08/21 | 12:42

O Diario Oficial de Galicia recolle a concesión das medallas Emilia Pardo Bazán a Marijé Díaz, Zaza Ceballos e á Asociación Mirabal

Por terceiro ano consecutivo concédense uns galardóns cos que se recoñece o labor a favor da igualdade para construír unha sociedade máis igualitaria baseada nos principios de igualdade, xustiza e solidariedade

03/08/21 | 19:52

A Xunta apoia a conciliación e a promoción da igualdade de xénero no concello de Ribadavia cunha axuda de 25.624€ neste 2021

Os apoios enmárcanse dentro da convocatoria que o Goberno galego adica ás entidades locais

03/08/21 | 14:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a creación pictórica feminista no encontro de cultura urbana ‘Delas Jam’

Promovido por 7H Cooperativa Cultural, a Delas Jam é un encontro de improvisación pictórica terá lugar na Cidade da Cultura o 4 de setembro, no marco da iniciativa Mulleres e Cultura Urbana

31/07/21 | 14:30

A Xunta amplía ata os 1,6 M€ as axudas dirixidas a mulleres en situación de especial vulnerabilidade para cubrir todas as solicitudes

Estes apoios financian proxectos de atención personalizada e especializada para mulleres vítimas de violencia de xénero, de explotación sexual-laboral, inmigrantes, emigrantes retornadas ou refuxiadas e ex-reclusas, entre outras

30/07/21 | 12:52

A Xunta pon en valor en Mondoñedo a importancia da conciliación na loita contra a violencia de xénero cun investimento de 1,4 M€

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou hoxe en Mondoñedo (Lugo) o campamento de verán `Mondopeque´, que conta con financiación da Consellería de Emprego e Igualdade e no que participan 40 nenas e nenos

29/07/21 | 13:26

A Xunta colaborará con 13 entidades da provincia no desenvolvemento de programas para mulleres en situación de especial vulnerabilidade

O delegado territorial da Xunta anuncioulle unha achega da Consellería de Emprego e Igualdade de 22.454 euros

29/07/21 | 12:19

A Xunta convida ás emprendedoras galegas a participar do programa Emega de fomento do emprego feminino

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, trasladou hoxe en Vigo ás mulleres da Federación de Vecinos Eduardo Chao (Favec) os beneficios desta liña de apoios para o empoderamento feminino a través do eido laboral

28/07/21 | 15:12 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia achega máis de 200.000 euros para a posta en marcha de programas de inclusión social e laboral para persoas migrantes da Asociación Arraianas

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou hoxe a entidade afincada na cidade compostelá