Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Economía:

04/01/22 | 10:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre este mes o prazo de solicitudes para acceder ás axudas do Renove Automoción

Os galegos e galegas poderán pedir os apoios, de ata 4600 euros por vehículo no caso de familias numerosas, a partir do 17 de xaneiro

03/01/22 | 10:49 | C. de Economía e Industria

A Xunta activa axudas por 2M€ para impulsar proxectos de emprendemento non agrícola no rural

A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a nova convocatoria do programa Galicia Emprende Rural, que ten por obxectivo apoiar 70 novas iniciativas empresariais

30/12/21 | 13:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta e Red Española de Asociaciones de Diseño colaborarán na divulgación do uso da madeira galega como elemento para o deseño

O acordo, asinado a través da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), enmarca a exposición FSWD/Identidade e Territorio, que permanece aberta ao público no Centro Galego de Arte Contemporánea, en Santiago de Compostela, ata o 30 de xaneiro

30/12/21 | 12:11

A Xunta adxudica 30.000 metros cadrados de solo empresarial en Santiago, Negreira, Carballo, Viveiro, Pereiro de Aguiar e Mos

A superficie vendida por Xestur nos polígonos destes concellos foi adquirida por un prezo bonificado global de máis de 1,1 millón de euros

29/12/21 | 15:20 | A Presidencia da Xunta

A Xunta destinará 8,3 M€ dirixidos aos concellos para a mellora dos parques empresariais de Galicia

Feijóo salienta que o obxectivo é favorecer o asentamento de proxectos, a creación de emprego e impulsar a competitividade a través da modernización destes espazos

29/12/21 | 15:07 | A Presidencia da Xunta

A Xunta autoriza unha licitación de 5,7 M€ para que o Servizo Público de Emprego incorpore un sistema de intelixencia artificial para axustar a oferta e demanda laboral

Feijóo subliña, entre outras vantaxes, que a nova ferramenta permitirá obter información fidedigna do mercado de traballo e simultanear os perfís laborais en busca de emprego co que demandan as empresas

28/12/21 | 11:47 | C. de Economía e Industria

A Xunta convocará o próximo ano unha nova edición das unidades mixtas de investigación co obxectivo de mobilizar 30 M€ a través da colaboración entre empresas e centros de coñecemento

O obxectivo é apoiar dez novas unidades e a creación ou mantemento de 90 empregos durante o período 2022-2025 no que se desenvolva esta convocatoria

27/12/21 | 18:53 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga polo traballo conxunto de todas as administracións e o tecido produtivo de Ferrolterra para impulsar a reactivación industrial da comarca

Galicia agarda desde hai sete meses a que o Goberno acepte participar no Pacto de Estado por Ferrol e a que lidere a proposta para designar como zona franca os terreos portuarios

25/12/21 | 12:10 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa unha nova edición do programa ReAcciona para apoiar a mellora competitiva de 670 proxectos de pemes galegas

Esta edición conta cun orzamento de máis de 3,2M€ para facilitar o acceso a servizos de alto valor engadido co apoio de expertos en ámbitos como o desenvolvemento estratéxico, a profesionalización, a dixitalización ou a innovación

22/12/21 | 14:14 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a mellora da capacidade de innovación e sustentabilidade nas empresas da provincia de Ourense

Alén sinalou que esta empresa resultou beneficiada da liña de axudas da Vicepresidencia segunda, dentro do programa DeseñaPeme, cun importe de 35.566 euros