Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 834 novas da área temática Industria:

04/04/21 | 11:00

A Xunta ten activas axudas por 7,4 M€ coas que garante a independencia económica das vítimas da violencia de xénero

O Goberno galego vén de convocar xa neste primeiro trimestre do ano as catro principais axudas para vítimas da violencia de xénero: de pago periódico, de pago único, indemnizacións e apoios a mulleres gravemente feridas e fillos e fillas orfos

31/03/21 | 15:43 | C. de Vivienda y Planificación de Infraestructuras

Ethel Vázquez garante que a Xunta demandará ao Ministerio de Transportes o impulso efectivo da autovía Ourense-Lugo como actuación estratéxica e prioritaria para a vertebración de Galicia

Traslada a preocupación do Goberno galego pola falta de avances nunha infraestrutura fundamental para o interior da Comunidade, planificada hai 18 anos e con só o 9% do investimento executado

30/03/21 | 13:03

Lorenzana resalta o papel clave do estudo da igualdade desde a universidade, nos I Premios Valedora do Pobo sobre a materia

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe na entrega dos I Premios Valedora do Pobo aos mellores traballos fin de grado e fin de máster nun acto celebrado en Santiago de Compostela

29/03/21 | 13:54

A Xunta aborda con Ecos do Sur o I Plan Estatéxico de Galicia contra a trata co que se reforzarán os apoios ás vítimas da lacra

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, entrevistouse hoxe co director xeral de Ecos do Sur, Javier Crespán

25/03/21 | 17:14 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

Trenor entregou 484 chalecos reflectantes ás socias da asociación de mulleres rurais Terra de Melide Alecrín-Telecentro Clun

O delegado da Xunta fixo fincapé na importancia de que os veciños, fundamentalmente das zonas máis rurais, se familiaricen co uso desta peza que pode salvar vidas

24/03/21 | 18:30

Lorenzana avoga por unha reactivación económica igualitaria, plural e sólida para manter o emprego e xerar oportunidades

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, blindou no Parlamento de Galicia o compromiso da Xunta coa dinamización do mercado de traballo galego cara ao futuro e cos colectivos máis vulnerables

23/03/21 | 12:18

A Xunta apoia o labor dos Centros de Información á Muller cunha achega este ano de 5 M€, un 10,5% máis que en 2020

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe por videoconferencia unha xuntanza con directoras dos CIMs de Galicia, unha rede de 83 centros que presta axuda en 182 concellos ás mulleres galegas que o precisan, con especial atención ás vítimas de violencia de xénero

23/03/21 | 11:33

A Xunta apoia un programa de atención integral á saúde das mulleres cun total de 50 beneficiarias en Lugo e Verín

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou hoxe, xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, Cáritas de Lugo, que desenvolve un programa para mulleres en situación de vulnerabilidade