Hemeroteca
Noticias publicadas antes de 2023
A Xunta celebrará a vindeira semana a I Mostra de Calidade Alimentaria no Pazo de Quián
Haberá diferentes presentacións, como a da nova campaña institucional do Goberno galego para promocionar os produtos alimentarios de calidade, así como foros sobre gastronomía e turismo, a filosofía “slowfood” e a Dieta Atlántica, entre outros
A Xunta pagará a partir deste venres 127 M€ máis correspondentes ás axudas da PAC 2021-2022
Tras os anticipos aboados en outubro, os ingresos por parte do Fondo Galego de Garantía Agraria -dependente da Consellería do Medio Rural- elévanse xa aos 164 millóns de euros para un total de máis de 25.000 agricultores e gandeiros da nosa comunidade
A Xunta constata o reforzo da colaboración transfronteiriza con Portugal en materia de sanidade animal e vexetal
No ámbito animal incidiuse, entre outras cuestións, na necesidade de continuar traballando na redución do consumo de antibióticos nas diferentes especies gandeiras
A Xunta e o Concello de Lobios proxectan a implantación das aldeas modelo de Puxedo e Requeixo no marco da Lei de recuperación da terra agraria
Segundo as solicitudes do consistorio, estas iniciativas permitirían dinamizar os núcleos de poboación de San Paio e Grou respectivamente, xerando actividade económica que serviría de devasa natural fronte aos lumes forestais
A estratexia da Xunta para o viño márcase como obxectivo incrementar en dez puntos as vendas no mercado internacional
José Luis Cabarcos sinalou que un dos eixos desta estratexia pasa por lograr un equilibrio da presenza dos viños galegos nas distintas canles de comercialización, apostando pola internacionalización, pero sen esquecer o mercado nacional
A Xunta celebrará a I Mostra de Calidade Alimentaria do 15 ao 17 de decembro no Pazo de Quián de Boqueixón
José González avanzou que o evento acollerá a entrega dos premios Exceleite e os das Catas de Queixos e Meles de Galicia 2021
A Xunta salienta que as catas dos queixos e dos meles poñen en valor a excelencia destas producións en particular e das do agro galego en xeral
José González salientou a profesionalidade do panel de cata deste concurso, formado por un total de 14 expertos, que elixirán totalmente a cegas aos mellores queixos e meles de Galicia nesta edición
A Xunta e o concello de Larouco impulsan a creación dun polígono agroforestal de 136 ha en Freixido para o cultivo de vides, cerdeiras e castiñeiros
Tal e como está concibida a figura, implicaría un total de 1.227 parcelas de 517 propietarios
A Xunta explica ás entidades de aconsellamento as posibilidades de Conta Láctea para mellorar a posición negociadora dos gandeiros sobre os prezos do leite
Esta aplicación informática, creada polo Goberno galego xunto coa Fundación Juana de Vega ao abeiro da Estratexia de dinamización do sector lácteo, está concibida tamén para facilitar a xestión empresarial das explotacións leiteiras
Comezan as catas dos meles e dos queixos de Galicia que organiza a Xunta cos consellos reguladores
No concurso dos queixos participarán un total de 30 queixerías pertencentes ás catro denominacións de orixe protexida con 51 mostras