Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 776 novas da área temática Emerxencias e interior:

19/10/20 | 15:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica realizou 42 inspeccións na provincia da Coruña nos dispositivos para controlar as medidas ante a covid-19

No marco destes controis os axentes identificaron a 38 persoas e tramitaron 19 denuncias en oito concellos da provincia coruñesa

19/10/20 | 15:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica realizou 63 inspeccións e identificou 476 persoas na provincia de Ourense nos operativos para controlar as medidas ante a covid-19

Estes dispositivos enmárcanse no plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación da covid-19, no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade do Estado, cada unha no marco das súas competencias

19/10/20 | 15:25 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal no concello ourensán de Oímbra, parroquia de Videferre

Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 20 hectáreas

19/10/20 | 09:52 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu a 53 persoas por 37 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 16 de outubro, ata as 23,59 horas do domingo, 18 de outubro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 48 chamadas por accidentes de tráfico

18/10/20 | 13:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa mañá a alerta laranxa por temporal costeiro na provincia da Coruña

Alértase dun fenómeno meteorolóxico adverso costeiro no oeste e suroeste do litoral coruñés por ventos do sur de forza 8

16/10/20 | 16:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Axega ensaia con drons de tecnoloxía autónoma a planificación e resposta ante situacións de emerxencia mediante o recoñecemento previo da zona afectada

En colaboración co Instituto Tecnolóxico de Galicia, os técnicos da Axencia Galega de Emerxencias probaron en Cervo novos drons capaces despegar e retornar ao punto de inicio de forma desatendida

16/10/20 | 13:18

La Xunta pasa o Plan Camgal a fase de alerta tras constatar a asuencia de manchas de fuel nas inmediacións da ría de Arousa

O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) tamén levantou o peche cautelar do polígono de bateas Ribeira B, que fora decretado de xeito preventivo

14/10/20 | 11:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica realizou 88 inspeccións e tramitou 69 denuncias na provincia de Ourense nos operativos relacionados co cumprimento das medidas ante a covid-19

Os axentes levaron a cabo estes dispositivos no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas para evitar a propagación da covid-19

05/10/20 | 14:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica levou a cabo 73 inspeccións e tramitou 15 denuncias nos operativos levados a cabo no concello de Ourense polo cumprimento das medidas ante a covid-19

Os axentes levaron a cabo estes dispositivos no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes para evitar a propagación da Covid-19

05/10/20 | 12:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a prevención, a información e o asesoramento en materia de xogo responsable

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, asinou hoxe sendos convenios de colaboración coa Asociación Galega de Ludópatas en Rehabilitación e coa de Xogadores Anónimos, dotados con 5.000 euros cada un