Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O CIS tecnoloxía e deseño abre ao público unha exposición sobre a relación entre os materiais e a natureza
A mostra Arquivo da Matéria Viva, que fai a súa primeira parada en Galicia procedente de Portugal, permanecerá en Ferrol ata o 26 de novembro
A Xunta destaca en Vigo a importancia da industria do envellecemento activo como sector de actividade con gran potencial de crecemento
O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe na inauguración da xornada ‘Silver Economy, a oportunidade do futuro’, onde puxo en valor o apoio do Goberno galego a esta industria a través da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3)
A Xunta destina 6,4 millóns de euros a promover 11 proxectos colaborativos que impulsarán a innovación nas pemes galegas
As axudas do programa Conecta Hubs, dirixidas especialmente a pequenas e medianas empresas, contribuirán a fortalecer a base económica de Galicia e impulsar un tecido produtivo máis dixitalizado, innovador e sustentable, mellorando a súa competitividade
As III Xornadas Artesanía no Prato impulsarán a colaboración do sector coa gastronomía e o deseño
A Xunta organiza o 21 e 22 de novembro na Cidade da Cultura este encontro dirixido a profesionais da hostalería e da restauración, o comercio e a decoración
Feijóo apela á estabilidade e ao compromiso empresarial que fixo progresar Galicia como a mellor fórmula para encarar a reconstrución social e económica
Diante dos desafíos que implica este novo contexto, salienta que máis que debater sobre que, “o vital é acertar no como”
A Xunta anima ás pemes da comarca de Ordes a innovar para ser máis competitivas e chegar a novos mercados
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou hoxe no municipio coruñés de Ordes na iniciativa Camiño da Innovación, que está a percorrer toda Galicia a través de 18 paradas
Feijóo reitéralle nunha carta ao presidente do Goberno a preocupación ante o incremento do prezo da enerxía e a escaseza e encarecemento das subministracións
Incide na necesidade de que na próxima Conferencia de Presidentes Autonómicos se inclúan estas cuestións para que as Comunidades Autónomas poidan achegar as súas visións, propostas e o seu compromiso co goberno de todos
A Xunta destaca en Ribadavia a contribución de pemes como Viña Costeira ao incremento das exportacións galegas
O director do Igape, Fernando Guldrís, puxo en valor o esforzo da compañía pola busca de novos mercados, apoiándose en iniciativas como o Galicia Exporta Dixital
A Xunta constata coa industria electrointensiva a necesidade de que o Goberno tome medidas contundentes para rebaixar o prezo da electricidade
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta tarde unha reunión coa Asociación de Empresas de Gran Consumo de Enerxía (AEGE), na que coincidiron en que a crise enerxética está derivando nunha situación industrial insostible
A Xunta destinará 1 M€ a consolidar o aproveitamento lúdico das augas termais galegas
A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, visitou esta mañá o concello de Bande para comprobar as actuacións que se están realizando dentro do convenio asinado entre as dúas administracións en materia termal