Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1270 novas da área temática Educación:

27/08/21 | 16:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta de Galicia acomete a rehabilitación integral e enerxética do CEIP Pío Cabanillas de Dozón cun investimento de 313.000€

O delegado territorial, Luis López, acompañado do alcalde, Adolfo Campos, supervisa os traballos, que avanzan segundo o cronograma previsto co obxectivo de rematalos no que resta de ano

27/08/21 | 14:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta licita a rehabilitación integral do colexio Mestre Rodríguez Xixirei de Santiago

A actuación conta cun prazo de execución de cinco meses e céntrase na mellora da eficiencia enerxética

27/08/21 | 13:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os 1250 docentes de reforzo do Plan Recupera incorporaranse aos centros escolares no mes de setembro

O obxectivo desta iniciativa é reforzar as aprendizaxes non adquiridas durante a pandemia para blindar o sistema educativo galego

26/08/21 | 12:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca un investimento este ano de 12,5M€ en obras educativas na área de Vigo como mostra do compromiso da Xunta coa mellora do ensino

Lembra, ademais, que Vigo é a cidade con maior investimento educativo de Galicia, con máis de 25M€ desde 2009

25/08/21 | 14:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia iniciará o novo curso con todas as medidas de seguridade necesarias e máis certezas, grazas á vacinación e á experiencia do ano académico pasado

A Xunta propón que, sen baixar a garda, se vaian revisando as medidas durante o curso en base ao nivel de vacinación e á evolución sanitaria en cuestións que afectan ao día a día da comunidade escolar como a mobilidade nos centros, actividades e extraescolares ou saídas

25/08/21 | 12:39

A nova campaña da Xunta para a promoción do consumo de conservas de produtos do mar chega a 1.400 nenas e nenos en xullo e agosto

Esta cifra súmase aos arredor de 4.200 escolares que alcanzou a iniciativa nos centros de ensino entre o seu inicio no mes de abril e xuño, o que suporá un alcance de máis de 5.500 despois de agosto

23/08/21 | 13:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense supervisa as obras no ximnasio do CEIP de Pena Corneira no concello de Carballeda de Avia

Gabriel Alén explicou que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade investiu máis de 22.000 euros nas obras de adaptación do ximnasio para o seu uso debido á Covid – 19

20/08/21 | 15:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade

A Xunta comezará a vacinar á mocidade de entre 16 e 12 anos a vindeira semana

O conselleiro de Sanidade trasladoulle ao titular de Educación a incorporación ao Plan de vacinación dos mozos e mozas de 12 e 13 anos

19/08/21 | 11:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita en 260.400 euros as obras de eficiencia enerxética no colexio Virxe do Carme de Sober

O proxecto contempla o cambio de carpinterías, luminarias e radiadores, e tamén a construción dunha rampla para mellorar a accesibilidade