Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 773 novas da área temática Xacobeo:

10/02/21 | 20:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta solicita un compromiso concreto do Goberno central para apoiar a celebración do Xacobeo

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, reuniuse hoxe co director xeral de Turespaña, ao que trasladou a aposta do Goberno galego polo seguro coronavirus para recuperar a confianza dos viaxeiros neste Ano Santo

08/02/21 | 12:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mantén unha xuntanza con representantes da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago

Segundo indicou Alfonso Rueda, a programación do Xacobeo adaptarase en cada momento á situación sanitaria e irá ampliando o seu radio de accións en función da evolución da pandemia

05/02/21 | 13:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta que o novo albergue de peregrinos de Vigo contribuirá a seguir mellorando a cidade e a experiencia xacobea

Dentro do plan director do Camiño, subliña que a Xunta destinou ata agora máis de 33 millóns de euros a albergues para, entre outras cousas, construír nove e levar a cabo melloras noutros dezaoito

05/02/21 | 12:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aborda cos turoperadores galegos a importancia do Seguro Coronavirus para recuperar a confianza do viaxeiro e reactivar o sector turístico

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse hoxe con representantes da Asociación de Turoperadores Receptivos de Galicia (Atrega)

03/02/21 | 13:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta publicará este mes as axudas para as axencias de viaxes por valor de 3,6 M€ co obxectivo de garantir a súa liquidez, crear novos paquetes turísticos e promocionar o Xacobeo

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse hoxe con representantes de asociacións galegas de axencias de viaxe

03/02/21 | 13:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta ultima os traballos para declarar Ben de Interese Cultural o xacemento do Adro Vello

Os técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural remitirán nos vindeiros días o informe aos órganos asesores para a súa incoación

30/01/21 | 13:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investirá 1,5 M€ na nova orde de axudas destinada á mellora paisaxística e ao embelecemento do Camiño de Santiago

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe durante a súa visita ás actuacións levadas a cabo na igrexa parroquial de Botos en Lalín ao abeiro destas axudas, que a convocatoria de 2021 se publicará a próxima semana

30/01/21 | 12:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias subliña que as axudas do programa 'O teu Xacobeo' promoven unha celebración máis participativa en todo o territorio

O delegado territorial sinala que a Xunta achega 3,3 millóns de euros para facer realidade nos vindeiros meses unha programación cultural proposta por administracións locais, entidades sen ánimo de lucro e mesmo particulares

30/01/21 | 12:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa a segunda edición 'O teu Xacobeo' con 16 proxectos nos concellos da provincia da Coruña que contarán con axudas de máis de 180.000 €

Trenor informou dos actos desta convocatoria nos concellos e subliñou que representan o carácter participativo, descentralizado e sustentable do Ano Santo

30/01/21 | 12:36 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración coordina co Xacobeo a ampliación do Centro Galicia en Ponferrada nos actos do Ano Santo

Antonio Rodríguez Miranda e o director de administración do Xacobeo, Ildefonso de la Campa, mantiveron unha reunión cos responsables da entidade leonesa