Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Dúas mil persoas viviron xa na Cidade da Cultura a experiencia de realidade virtual ‘Carne y Arena’, para a que están á venda as entradas de agosto e setembro
A instalación esgotou no primeiro mes todos os pases dispoñibles para xullo
O grupo ‘Treixadura’ actuará o 23 de outubro no ‘Día do Veciño’ de Lugo co patrocinio da Xunta
O delegado territorial, Javier Arias, presentou a actividade acompañado do membro da agrupación Álvaro Lamas e do presidente da federación Lucus Augusti, Jesús Vázquez
A rodaxe de ‘Amigos hasta la muerte’ mobiliza 70 profesionais galegos co impulso da Xunta a través do seu hub audiovisual
O director xeral de Cultura e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais reuníronse co produtor Álvaro Pérez Becerra e co director Javier Veiga, quen asume a súa primeira longametraxe con este filme que se estreará en 2023
A serie infantil ‘Los Argonautas’ inicia en Laxe a súa rodaxe co apoio da Xunta de Galicia a través do seu Hub Audiovisual
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais visita o comezo das gravacións desta ficción en imaxe real cuxos 20 capítulos rodados entre A Coruña e a Costa da Morte serán emitidos pola canle Clan
A Xunta apoia o congreso ‘Mundos digitales’ para impulsar o sector da animación e situar Galicia como referente na creación de contidos para os novos media
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais participou hoxe na presentación deste encontro especializado profesional, que celebra a súa vixésima edición na Coruña entre o 7 e o 9 de xullo
A Xunta sitúa Galicia como Polo Europeo de creación audiovisual a través do proxecto ‘European Writers Club’
O director da Axencia galega de Industrias Culturais interveu hoxe na presentación da iniciativa no mercado profesional Série Series, que se celebra na localidade francesa de Fontainebleau
A Xunta contribúe á difusión da recente produción escénica galega co apoio á 44ª edición da mostra de teatro de Cariño
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou na presentación do programa desta edición, que se desenvolverá do 12 ao 19 de agosto
‘Operación Marea Negra’ inicia hoxe a rodaxe en Galicia da súa segunda temporada co impulso do Hub audiovisual da Xunta
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades asina a adxudicación de 350.000 euros a Ficción Producciones no marco da segunda convocatoria do fondo autonómico para a atracción de rodaxes, que implicará un gasto estimado na nosa Comunidade duns 5 M€
O director de Industrias Culturais da Xunta visita o equipo da serie 'Hasta el cielo' na súa rodaxe na Coruña
Vaca Net TV produce para Netflix esta historia, que lle dá continuidade á película homónima e para a que conta cunha subvención de 300.000 euros a través do fondo de atracción de rodaxes do Hub Audiovisual galego
Román Rodríguez visita o equipo da longametraxe ‘Honeymoon’ na recta final da súa rodaxe en Galicia
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades comproba o avance da filmación da nova película de Enrique Otero, subvencionada pola Xunta con máis de 230.000 euros a través da convocatoria para produción e coprodución audiovisual