Hemeroteca
Noticias publicadas antes de 2023
A Xunta destaca en Carballo o papel das asociacións de comerciantes no impulso aos negocios locais
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou no sorteo da iniciativa ‘Mercar no teu comercio ten premio’, organizada a nivel autonómico pola Federación Galega de Comercio e coa colaboración neste caso do Centro Comercial Aberto de Carballo
A Xunta organiza en Monforte de Lemos unha xornada de cata de produtos amparados pola IXP Mel de Galicia
A acción formativa, que busca dar a coñecer as características físico-químicas dos meles galegos distinguidos con indicación xeográfica protexida, terá lugar no Centro de Formación e Experimentación Agraria o vindeiro xoves 3 de novembro en horario de tarde
A cidadanía esgotou en tres días os bonos da campaña da Xunta para activar o comercio, con máis de 800 negocios adscritos en Lugo
O delegado territorial da Administración galega, Javier Arias, destaca que ata finais de novembro poden seguir sumándose novos establecementos
O Bono Activa Comercio da Xunta esgótase en tan só tres días, con máis de 166.000 descargas
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, lembrou hoxe na Coruña que os beneficiarios teñen ata o 31 de decembro para empregar os descontos de 30 euros no comercio de proximidade, contribuíndo así á súa dinamización
A Xunta reforza con máis de 500 M€ adicionais actuacións para apoiar ás persoas e impulsar a competitividade
O conselleiro de Facenda e Administración Pública compareceu hoxe na Comisión 3ª do Parlamento para explicar as contas do seu departamento
Máis de 112.000 clientes descargaron xa o Bono Activa Comercio da Xunta de Galicia en pouco máis de 24 horas
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou hoxe en Ribadeo diferentes establecementos nos que xa se poden empregar os descontos de 30€ cos que se incentivan as compras no comercio de proximidade
Martina Aneiros anima aos consumidores de Ferrolterra a facer as súas compras no comercio de proximidade a través do Bono Activa Comercio
O Goberno galego destina 5 millóns de euros a esta iniciativa na que espera que participen 160.000 persoas
Máis de 37.000 clientes de toda Galicia descargaron xa o Bono Activa Comercio nas primeiras horas deste luns
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou hoxe en Marín diferentes establecementos participantes na iniciativa que hoxe bota a andar
A Xunta celebrará a vindeira semana o II Encontro de Galicia Etiqueta Calidade para poñer en valor as producións con selo diferenciado
Haberá diferentes presentacións, como a da nova campaña de promoción de Terne-ra Gallega Suprema para fomentar o consumo desta carne entre a poboación
Mañá luns poderán empregarse xa os descontos de 30€ do Bono Activa Comercio
A Xunta de Galicia destina 5 millóns de euros a esta iniciativa, na que se prevé que participen máis de 160.000 persoas