Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta concede a mención de excelencia a tres novos máster universitarios, polo que xa son seis as titulacións con este selo de calidade
Trátase das titulacións en Bioinformática para Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña, en Tradución para a Comunicación Internacional da Universidade de Vigo, e en Biotecnoloxía Avanzada, que se imparte conxuntamente entre a UDC e a UVigo
A Xunta destaca o avance das obras da nova escola infantil da Guarda, que entrará en funcionamento para o curso 2022-2023
Os traballos comezaron o pasado mes de marzo e o prazo de execución previsto é de 14 meses
A Xunta financia cinco proxectos de investigación sobre cooperación para o desenvolvemento no marco da Axenda 2030
Contan cunha dotación orzamentaria de 150.000 euros e un período de execución de dous anos, a desenvolver polas universidades galegas en solitario ou en colaboración con outros grupos de investigación
A Xunta eleva a máis de 4.800 as seccións bilingües en centros educativos de toda Galicia
Autorízanse 225 novas para o vindeiro curso 2021/22 en 106 centros diferentes
A Xunta incorpora cinco centros ao Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach)
Os 38 centros que xa participaban na iniciativa continuarán desenvolvéndoa
A Xunta licitará a próxima semana a restauración dos retablos da igrexa do colexio do Cardeal de Monforte de Lemos, nos que inviste 87.000 euros
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, sinalou que se realizará unha completa intervención, dende a limpeza e desinsectación ata a reintegración cromática e de volumes onde sexa preciso
Galicia terá o vindeiro curso máis unidades en infantil e primaria que antes da pandemia, malia rexistrarse unha caída de 6.000 alumnos
Galicia continuará tendo a mellor rateo profesor/alumno de España xunto con Estremadura, e mellora en dous puntos a media estatal
O conselleiro de Educación anuncia a licitación da rehabilitación integral do instituto Eduardo Blanco Amor cun investimento de máis de 1,2M€
A actuación forma parte do paquete de nove obras en centros educativos da provincia de Ourense, por importe de case 8M€, que a Xunta vai licitar antes de fin de ano
O 90% das prazas de novo ingreso da oferta de emprego de educación foron adxudicadas nas oposicións
Os 373 tribunais consideraron aptos un total de 2027 aspirantes, deixando totalmente cubertas as prazas convocadas en 59 especialidades
Román Rodríguez anuncia a licitación da rehabilitación integral do Colexio Eusebio da Guarda cun investimento de máis de 1M€
A actuación forma parte do paquete de 24 obras de mellora en centros educativos da provincia da Coruña que se contratarán nos próximos meses por importe de case 12,7M€