Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

27/05/22 | 14:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora integral da seguridade viaria no cruce da PO-214 en Pontecesures con semaforización e bandas redutoras

O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, supervisou os traballos de arranque desta actuación, na que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inviste 48.000 €, nunha visita á zona xunto ao alcalde, Juan Manuel Vidal

27/05/22 | 13:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que a Lei do ciclo integral da auga entrará en vigor a finais do verán para mellorar a xestión dos servizos hidráulicos e a calidade das rías e dos ríos

Vázquez Mourelle destaca que os concellos poderán adherirse de xeito voluntario a este sistema para que Augas de Galicia asuma a explotación dos seus servizos da auga

27/05/22 | 13:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras dunha nova senda peonil na estrada OU-312 en Bubaces, no concello de Lobios

A actuación conta cun investimento autonómico de máis de 48.000 euros

27/05/22 | 11:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O concello de Oia remata a pasarela colgante peonil sobre o río Tamuxe en Loureza grazas a unha achega de 90.000€ da Xunta

O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, e a alcaldesa, Cristina Correa, supervisaron esta mañá a conclusión desta actuación, consistente na reconstrución da infraestrutura de paso e a adecuación dos accesos no lugar de Acevedo

26/05/22 | 13:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca o investimento da Xunta de 50.000€ na humanización do acceso á estación de autobuses de Carballo para lograr un espazo máis aberto á vila e máis acolledor para veciños e usuarios

Vázquez Mourelle detalla a ampliación do espazo da cafetería, para abrila ao exterior, e un novo acceso peonil polo lado este, desde a rúa principal

25/05/22 | 13:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a construción dunha senda peonil na estrada PO-548 en Cordeiro, no concello de Valga, cun investimento de 737.000€

O delegado territorial, Luis López, acompañado polo alcalde, José María Bello, visitou o comezo destes traballos, que teñen un prazo de execución de seis meses, polo que se agarda que queden rematados ao longo deste ano

25/05/22 | 12:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora da seguridade viaria e da accesibilidade no Complexo Universitario Hospitalario de Ourense

Actúase nos accesos deste hospital público co fin de favorecer a mobilidade, tanto de pacientes como de todo o persoal sanitario

24/05/22 | 15:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 260.000 € a redacción dos proxectos de 5 actuacións para reducir o risco de inundación nos concellos de Padrón e de Valga

Cinco empresas redactarán os proxectos construtivos, previstos pola Xunta no marco do Plan de xestión específico para a área fluvial dos ríos Ulla e Sar declarada de risco potencial de inundación, para minimizar o risco de asolagamento nestes dous municipios
 

24/05/22 | 13:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina case 85.000 euros a cinco asociacións veciñais do concello da Lama para equipamento, mellora e accesibilidade dos locais sociais

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe as actuacións levadas a cabo a través das axudas do Goberno galego

24/05/22 | 13:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Trenor supervisa o inicio das obras da senda peonil na estrada AC-413 entre Cerceda e Tordoia cun investimento de máis de 120.000€

Construirase unha senda na marxe esquerda da estrada de algo máis de 400 metros, cunha anchura de 2 metros e separada da calzada por un bordo, para reforzar a seguridade viaria e favorecer os desprazamentos a pé dos veciños