Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta valorará a posibilidade de introducir unha terceira hora de educación física nos cursos de primaria, secundaria e bacharelato
Nun momento no que o Goberno central está a falar dunha posible reforma educativa, Feijóo traslada a necesidade de que esta aposta se poida consensuar en toda España
Lete Lasa cifra en máis dun millón e medio de euros o apoio da Xunta aos clubs de Vigo e anuncia as novas convocatorias ás que se poderán acoller de xeito anticipado
A resolución para a adquisición de equipamentos deportivos para o ano 2020 será publicada no Diario Oficial de Galicia nas vindeiras datas cun importe global de 700.000 euros, medrando nun 15,9% con respecto a 2019
A Xunta transmite o seu pesar polo pasamento da presidenta da Federación Galega de Karate, Carmiña Barro Pita, e envía as súas condolencias a toda a familia do karate galego
Nas súas verbas, Lete Lasa puxo en valor o traballo de Carmiña ao longo de máis dunha década á fronte da federación galega e destacou a súa vocación de axuda ao deporte galego, mesmo cando estaba loitando contra a súa enfermidade
A Xunta apoia con case 200.000 euros a creación dun centro BTT en Fonfría (Pedrafita) que aposta polo turismo activo e sostible
O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que se trata dun proxecto para a práctica da bicicleta todoterreo que recibiu unha achega do 50% do investimento xestionada polo GDR Montes e Vales Orientais
Lete Lasa visita en Palas de Rei (Lugo) a sede do grupo Jim Sports, Premio Galicia Saudable 2018 á entidade privada destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa
Recoñece que “a colaboración da iniciativa privada é esencial no contexto actual de loita contra o sedentarismo, a obesidade e a inactividade física en todas as etapas da vida”
Educación, Sanidade e Deporte asinan unha alianza estratéxica para loitar contra a obesidade infantil e promover estilos de vida activa nos escolares galegos
A Secretaría Xeral para o Deporte é a responsable da xestión da plataforma DAFIS que desde o curso 2012/2013 contou coa participación de 141 centros educativos de 73 concellos. En total realizáronse 26.606 valoracións de condición física saudable a 15.651 alumnos e alumnas de 6-16 anos que inclúen datos de IMC, perímetros de cintura e cadeira
A Xunta destinou 47.700 euros á construción dunha pista de pádel cuberta de uso público e gratuíto en Guntín
O delegado territorial, José Manuel Balseiro, visitou as instalacións para comprobar o resultado das obras, promovidas polo Concello
O novo complexo de Monterrei contará cunha pista polideportiva, dúas de tenis, catro de pádel e un pump track que estarán dispoñibles neste verán
As obras da zona deportiva comezarán neste primeiro trimestre cunha dotación de 1.022.866,17 euros e tamén se ampliará a cuberta da pista de atletismo
A Secretaría Xeral para o Deporte publica a convocatoria de subvencións para clubs deportivos que medra un 2% con respecto a 2018 ata chegar aos 1.960.000 euros
Como novidade cómpre salientar que dentro dos criterios a valorar puntuarase o desenvolvemento de actuacións en prol da igualdade efectiva de homes e mulleres no deporte, así como contra a violencia machista. Ademais, a adhesión ao manifesto pola igualdade pasará a ser obrigatoria
A aposta polo motociclismo trae á Coruña a terceira proba do Campionato Mundial de Superenduro e posibilita que Galicia siga presumindo de pilotos como Jorge Prado ou Gabriel Marcelli
A terceira proba do Campionato Mundial de Superenduro chega a Galicia o 18 de xaneiro tras o seu paso polas cidades de Cracovia (Polonia) e Riesa (Alemaña). O 1 de febreiro viaxará a Budapest (Hungría) e concluirá o 14 de marzo no país no que comezou, na cidade polaca de Lodz